De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Fernando Buján Estraviz, con DNI 78803604S, a resolución do procedemento de revisión de oficio RRO/DC/2013/00526.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, conforme co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas