Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10046

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo do seguro de riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos de motor.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do seguro de riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos de motor da Deputación Provincial de Ourense, que se cifra nunha prima anual máxima de 105.000,00 € (IVE e demáis tributos incluídos) e do que resulta unha contía total máxima do contrato en atención ao seu prazo de vixencia de 210.000,00 € (impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ou perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 2 de marzo de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense