Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo non suxeito a regulación harmonizada da creatividade da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2015, tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, mediante tramitación anticipada, e cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (expediente PI 6.32).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 11 de decembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo non suxeito a regulación harmonizada da creatividade da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 200.000 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 17 de febreiro de 2015.

c) Adxudicataria: Idea Creatividad y Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación: 164.240 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia