Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9841

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

I

No marco do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello, publicáronse o Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, e o Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común, que establecen a normativa básica aplicable a partir do ano 2015.

II

O Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello, no seu título V regula o sistema integrado de xestión e control indicando que se aplicará tanto aos réximes de pagamentos directos regulados polo Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, como a determinadas axudas ao desenvolvemento rural concedidas segundo o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello. Por tanto, as normas que se establezan en relación co devandito sistema integrado afectarán tanto os pagamentos directos como as axudas de desenvolvemento rural que se deban controlar con base nel.

Por iso, débese establecer un sistema que permita a identificación única dos produtores que presenten solicitudes para os diferentes réximes de axuda, así como a identificación das parcelas agrícolas utilizando as técnicas do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (en diante Sixpac). Para iso, o Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, establece, no seu título VI, a solicitude única anual de axudas como medio para que o beneficiario poida presentar a súa solicitude para todos os réximes de pagamentos directos que considere, así como para as axudas ao desenvolvemento rural financiadas con cargo ao Feader.

III

En España, o sistema de identificación de parcelas agrícolas é o Sixpac. O Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro de 2014, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación en España do Sixpac e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común (PAC).

IV

O Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, establece, entre outras, as normas da condicionalidade.

O Regulamento (UE) nº 1310/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, que establece disposicións transitorias relativas á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), modifica o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que incumbe aos recursos e á súa distribución no exercicio de 2014, e modifica o Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, e os regulamentos (UE) nº 1307/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á súa aplicación no exercicio de 2014, establece que a partir do 1 de xaneiro de 2015 deben aplicarse as disposicións sobre a condicionalidade establecidas no Regulamento (UE) nº 1306/2013, do 17 de decembro.

O Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola, determina as normas da condicionalidade que deberán cumprir os beneficiarios de axudas suxeitas a esta.

V

Ao amparo das posibilidades determinadas no artigo 20.5 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, tendo en conta as características agronómicas e as condicións agroclimáticas de Galicia, para asegurar o cumprimento dos obxectivos do requisito de diversificación de cultivos no pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente, establécese que o período principal de cultivo na Comunidade Autónoma de Galicia será unicamente o comprendido entre maio e setembro.

Por outra banda, segundo os últimos datos publicados da Enquisa gandeira elaborada pola Subdirección Xeral de Estatística do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o censo de ovino da Comunidade Autónoma de Galicia respecto ao censo nacional é inferior ao 2 %. Por tanto, de acordo coa posibilidade establecida no artigo 71.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, na Comunidade Autónoma de Galicia poderán ser beneficiarios da axuda asociada para as explotacións de ovino os titulares de explotacións cun censo de femias elixibles igual ou superior a 10.

VI

O Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece no artigo 71.1 como condición para poder beneficiarse da contribución do Feader que o organismo pagador aboe a axuda correspondente con data límite 31 de decembro de 2015.

No que se refire ao Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2007-2013, no ano 2015 aínda se convocan axudas do citado programa e inclúense nesta orde as seguintes: axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas de montaña, axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas distintas ás de montaña e a prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Doutra banda, o PDR de Galicia 2014-2020 foi enviado á Comisión Europea o pasado 22 de xullo de 2014 e está pendente a súa aprobación. Nesta orde xa se convocan axudas deste PDR, en concreto, as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica.

VII

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia establece no seu artigo 10, relativo aos requisitos para obter a condición de beneficiario, no número 2.e) que non poderán obter a dita condición, salvo que pola natureza da subvención se exceptúe pola súa normativa reguladora, entre outros, os que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Por outra banda, de acordo co previsto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, establece no artigo 51 a posibilidade de que os beneficiarios de axudas que se concedan con carácter compensatorio ou indemnizatorio poidan substituír por unha declaración responsable do solicitante a obrigación de presentar a certificación acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Os pagamentos directos á agricultura e á gandaría previstos no título II tiveron e teñen o carácter de pagamentos compensatorios. Os pagamentos directos derivan da reforma da PAC do ano 1992, en relación coas organizacións comúns de mercado de produtos agrícolas que, co obxectivo de aproximar os prezos comunitarios aos do mercado mundial e compensar as perdas de ingresos causadas pola redución dos prezos institucionais, estableceu un pagamento compensatorio para os agricultores en cada sector. Así, no caso dos cultivos herbáceos estableceuse mediante o Regulamento (CEE) nº 1765/1992 do Consello, do 30 de xuño, polo que se establece un réxime de apoio aos produtores de determinados cultivos herbáceos, e no da carne de vacún mediante o Regulamento (CEE) nº 2066/1992 do Consello, do 30 de xuño, que modifica o Regulamento (CEE) nº 805/1968 do Consello, do 27 de xuño, polo que establece a organización común de mercados no sector da carne de bovino.

Unha parte importante destas axudas, con base en criterios históricos por percepción de importes compensatorios por estes conceptos en campañas de referencia, integrouse en 2006 no pagamento único por explotación, manténdose unha pequena porcentaxe asociada á actividade produtiva.

Coa nova reforma da PAC os dereitos de pagamento único desaparecen e son substituídos en 2015 polos dereitos de pagamento básico e por outras axudas disociadas da produción. Entre estas últimas cabe destacar o denominado pagamento verde, ao cal se destinará o 30 % do orzamento de pagamentos directos e que está vinculado ao cumprimento por parte dos agricultores de prácticas agrícolas sustentables, beneficiosas para a calidade dos solos, a biodiversidade e o ambiente en xeral. Igual que na reforma anterior, mantense unha pequena porcentaxe de axudas asociadas. Os pagamentos directos seguirán estando suxeitos á condicionalidade.

En definitiva, os pagamentos directos permiten estabilizar a renda dos agricultores e compensalos pola prestación de servizos públicos de valor incalculable: protección do ambiente, benestar dos animais, alimentos seguros e de calidade etc. Estes servizos públicos son aínda máis importantes se se ten en conta que as normas europeas están entre as máis estritas do mundo. Isto encarece a produción de alimentos en Europa con respecto á doutros países que impoñen normas menos rigorosas. Sen os pagamentos directos, os agricultores europeos non poderían competir cos doutros países e á vez atender ás exixencias específicas dos consumidores de Europa.

Doutra banda, as indemnizacións compensatorias e as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica previstas no título III teñen o carácter de pagamentos compensatorios, ben pola zona en que exercen a actividade os agricultores ben polos custes adicionais e as perdas de ingresos derivados dos compromisos asumidos polo agricultor en relación co sistema de produción agrícola ou gandeiro adoptado para a mellora do ambiente e do ámbito natural.

Por tanto, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, as indemnizacións compensatorias e as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica reguladas por esta orde deben considerarse incluídas no artigo 51.d) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, sen que os beneficiarios teñan a obrigación de achegar os xustificantes de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, que será substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confiren a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

TÍTULO PRELIMINAR
Disposicións xerais

CAPÍTULO I
Obxecto e definicións

Artigo 1. Obxecto e ámbito

1. Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2015 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

2. Así mesmo, ten por obxecto aplicar na Comunidade Autónoma de Galicia o sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axudas comunitarios, incluída a solicitude única de axudas, de acordo co previsto no Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento e o Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos  (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

Artigo 2. Liñas de axuda

1. As liñas de axuda están integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios establecidos no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural:

a) Un pagamento básico aos agricultores («réxime de pagamento básico»).

b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.

c) Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.

d) Un réxime de axuda asociada:

1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.

2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.

3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de ceba.

5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.

6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.

7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.

8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de ceba e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.

9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

2. Tamén se inclúen as solicitudes de axuda e pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do Programa de desenvolvemento rural (en diante PDR) de Galicia 2007-2013:

1ª. Axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas de montaña e axudas destinadas a indemnizar os agricultores polas dificultades naturais en zonas distintas ás de montaña (en diante, indemnización compensatoria).

2ª. Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

b) Solicitudes de axuda e pagamento das seguintes medidas do PDR de Galicia 2014-2020:

1ª. Agroambiente e clima.

2ª. Agricultura ecolóxica.

Nas axudas incluídas nas alíneas 2.a) e 2.b) anteriores, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao seu cofinanciamento.

Artigo 3. Definicións

1. Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación e en concreto, no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, no Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, e no Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, serán de aplicación á presente orde as seguintes:

a) «Razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira»: consideraranse como tales as relacionadas no anexo II. Tamén terá esa condición o conxunto mestizo dunha explotación bovina inscrita no rexistro xeral de explotacións gandeiras (Rega) cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de leite».

2. Para os efectos das axudas de desenvolvemento rural reguladas nesta orde tamén serán aplicables as seguintes definicións:

a) «Agricultor a título principal»: o agricultor profesional que obteña, polo menos, o 50 % da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación e cuxo tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

b) «Agricultor profesional»: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 % da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, a condición de que a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 % da súa renda total e o volume de emprego agrario dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo.

c) «Carga gandeira»: relación entre o número de unidades de gando maior (UGM) de bovino, ovino, caprino e equino e as hectáreas de superficie con aproveitamento forraxeiro da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal a que teña dereito.

d) «Explotacións agrarias prioritarias»: as explotacións agrarias familiares e as asociativas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias.

e) «Módulo base»: a cantidade que haberá que pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

f) «Renda de referencia»: indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. A súa contía establécese anualmente en función dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

g) «Superficie forraxeira»: a superficie agraria da explotación dedicada a pastos ou a cultivos destinados á produción de forraxe para a alimentación animal, incluídas as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto, dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos, caprinos ou equinos.

h) «Superficie indemnizable»: para os efectos da indemnización compensatoria, a superficie resultante da aplicación dos coeficientes redutores a cada categoría de aproveitamento nas superficies declaradas en municipios de Galicia situados en zona desfavorecida.

i) «Unidade de gando maior (UGM)»: a conversión das diferentes categorías de animais segundo o indicado no anexo II do Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, é dicir:

1ª. Touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e équidos de máis de seis meses 1,0 UGM.

2ª. Animais da especie bovina de seis meses a dous anos 0,6 UGM.

3ª. Animais da especie bovina de menos de seis meses 0,4 UGM.

4ª. Ovinos e cabrúns 0,15 UGM.

5ª. Porcas de cría > 50 kg 0,5 UGM.

6ª. Outros porcos 0,3 UGM.

7ª. Galiñas poñedoras 0,014 UGM.

8ª. Outras aves de curral 0,03 UGM.

Artigo 4. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación dos procedementos regulados nesta orde require a incorporación de datos en poder das administracións públicas, consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control, entidades asociativas ou entidades de aconsellamento. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. En caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegar os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido non artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de pagamento da «prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias» pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente. Entenderase denegación expresa no caso de que na solicitude única non estea marcada a casa de dar o consentimento para a consulta de datos de estar ao día coa AEAT e coa TXSS.

4. Coa solicitude da «prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias» presentarase declaración responsable de se se perciben ou non outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.

5. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

6. Así mesmo, no marco do indicado no artigo 5 seguinte, coa presentación das solicitudes as persoas interesadas autorizan que os datos recollidos nestas sexan incluídos noutros ficheiros informatizados para o seu tratamento coa finalidade de que sexan empregados pola Xunta de Galicia e/ou polo Fogga no ámbito das súas competencias.

Artigo 5. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría do Fondo Galego de Garantía Agraria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a dereitosarco.fogga@xunta.es

CAPÍTULO II
Agricultor activo e actividade agraria

Artigo 6. Ámbito

Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas nas seccións 1ª e 2ª do capítulo III, título III desta orde só se concederán a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.

Artigo 7. Aplicación e verificación

1. A aplicación e verificación da figura de agricultor activo e da actividade agraria sobre as superficies da explotación realizarase segundo o establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Para os efectos de verificar o cumprimento dos criterios de agricultor activo, as persoas físicas que non outorguen a autorización para recadar da Axencia Estatal de Administración Tributaria a información fiscal necesaria deberán declarar na súa solicitude única o total de ingresos agrarios percibidos no período impositivo dispoñible máis recente e achegar a documentación xustificativa (declaración do IRPF e, se for o caso, certificación dos rendementos do traballo) correspondente.

Cando o solicitante sexa unha persoa xurídica ou un grupo de persoas físicas ou xurídicas, sempre deberá declarar na súa solicitude única o total de ingresos agrarios percibidos no período impositivo máis recente. O órgano xestor, despois de verificar os datos declarados, solicitará, se o considera necesario, a documentación xustificativa dos ingresos declarados.

Unha vez realizadas estas comprobacións, se o solicitante non conta con ingresos agrarios distintos dos pagamentos directos do 20 % ou máis dos seus ingresos agrarios totais, poderá ser considerado agricultor activo, pero será considerado como unha situación de risco para os efectos de control conforme o indicado no artigo 12.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Non obstante, no caso de quen se incorpore por primeira vez á actividade agraria, este requisito deberá ser acreditado o máis tardar no segundo período impositivo seguinte ao da solicitude. O requisito poderá ser acreditado con posterioridade en circunstancias debidamente xustificadas motivadas polo período de entrada en produción de determinados cultivos.

Por último, no que se refire ás actividades excluidas reguladas polo artigo 10 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, e en concreto ao establecido na súa alínea 2.c), a actividade agraria debe figurar, na data da presentación da solicitude única, nos estatutos como parte principal do obxecto social.

3. En canto á actividade agraria, naqueles recintos en que se declare unha actividade de mantemento de entre as recollidas no anexo IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, a dita actividade realizarase anualmente e debe conservar, se for o caso, á disposición do Fogga toda a documentación xustificativa dos gastos e pagamentos producidos na realización das mesmas.

TÍTULO I
Sistema integrado de xestión e control (SIXC)

Artigo 8. Ámbito de aplicación do sistema integrado de xestión e control

O SIXC aplicarase aos réximes de axuda enumerados no anexo I do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e á axuda concedida de acordo co artigo 21.1.a) e 21.1.b), os artigos 28 a 31, 33, 34 e 40 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e, cando cumpra, o artigo 35.1.b) e 35.1.c), do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Con todo, non se aplicarán ás medidas establecidas no artigo 28, número 9, do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, nin ás medidas previstas no artigo 21.1.a) e 21.1.b), do devandito regulamento no que respecta aos custos de implantación.

O sistema integrado tamén se aplicará, na medida necesaria, ao control da condicionalidade.

CAPÍTULO I
Solicitude única

Artigo 9. Solicitude única (procedemento MR250A)

1. As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural citadas no artigo 2 deberán presentar unha solicitude única.

2. Para os efectos dos controis da condicionalidade, tamén deberán presentar unha solicitude única os beneficiarios que recibisen o primeiro pagamento á colleita en verde en 2014 ou da prima á arrinca ou á reestruturación e reconversión da viña nos anos 2012, 2013 ou 2014. Estes beneficiarios presentarán unha solicitude única en que declaren todas as parcelas da súa explotación, aínda que non soliciten ningún dos pagamentos directos ou axudas de desenvolvemento rural indicados no artigo 2 desta orde.

Artigo 10. Lugar e prazo de presentación da solicitude única

1. A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

2. A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Os solicitantes poderán optar por:

a) Realizar persoalmente a súa solicitude, para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.

b) Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.

3. O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2015, iniciarase o 1 de marzo e finalizará o día 15 de maio, ambos inclusive.

4. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, admitiranse solicitudes de axudas ata os 25 días naturais seguintes á data de finalización do prazo establecido; nese caso e fóra dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse un 1 % por cada día hábil en que se exceda a dita data. A redución mencionada neste parágrafo tamén será aplicable respecto da presentación de contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes que sexan elementos constitutivos da admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto na normativa comunitaria. No ano en que se asignen dereitos de pagamento básico esa redución será dun 3 % por cada día hábil en que se exceda a dita data para ese réxime de axudas. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

Artigo 11. Contido da solicitude única

1. O contido da solicitude única será o que se indica no artigo 92 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Ademais, a solicitude irá acompañada da documentación adicional que se indica no punto V do anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, agás cando o órgano competente en función da axuda xa teña acceso a ela, e da documentación que para esta solicitude se indica nas partes A e B do anexo I desta orde.

2. Esta documentación complementaria presentarase electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo lo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. Na solicitude única declararanse todas as parcelas agrícolas que conforman a superficie agraria da explotación e que estean á disposición do seu titular. En cada parcela agrícola declárase o cultivo ou aproveitamento que cumpra o indicado no artigo 35 para o período principal de cultivo. No caso de declarar que o recinto é obxecto dun labor de mantemento anual, indicarase un dos recollidos na lista establecida no anexo IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

Nas medidas de axuda por superficie dos programas de desenvolvemento rural tamén se deberá incluír a superficie non agrícola pola que se solicita axuda.

4. As parcelas agrícolas da explotación identificaranse mediante as referencias alfanuméricas do Sixpac en vigor ao inicio de campaña, salvo no caso dos pastos permanentes utilizados en común, cuxa declaración se fará segundo o indicado no artigo seguinte. Con todo, de forma excepcional e para o ano natural 2015, nas áreas indicadas no anexo III, por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no Sixpac, utilizaranse as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria indicadas no dito anexo.

Artigo 12. Declaración de pastos permanentes utilizados en común

As superficies de pastos permanentes utilizados en común por varios agricultores declararanse con base nunhas referencias identificativas das parcelas agrícolas distintas das establecidas no Sixpac, que o Fogga poñerá en coñecemento das entidades xestoras dos pastos antes de que finalice o período de presentación da solicitude única, para efectos de que poidan ser utilizadas polos agricultores na declaración de superficies. O agricultor declarará a superficie neta que lle foi asignada pola entidade xestora do pasto, é dicir, a superficie admisible unha vez aplicado o coeficiente de admisibilidade dos pastos que corresponda.

Artigo 13. Modificación da solicitude única (procedemento MR240D)

1. Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o 31 de maio.

2. Mediante estas solicitudes de modificación poderanse engadir parcelas individuais ou dereitos de pagamento individuais sempre que se cumpran os requisitos fixados no réxime de axuda de que se trate. Ademais, poderase modificar a utilización ou o réxime de axuda solicitado das parcelas agrícolas xa declaradas na solicitude única, sempre que este xa se solicitase con outras parcelas agrícolas na solicitude única. Cando estas modificacións repercutan nalgún xustificante ou contrato que debe presentarse, tamén estará permitido modificalo.

3. As solicitudes de modificación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. A documentación complementaria ou xustificantes necesarios poderán presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

CAPÍTULO II
Entidades colaboradoras

Artigo 14. Entidades colaboradoras

Logo de solicitude, poderán acceder á condición de entidade colaboradora recoñecida polo Fondo Galego de Garantía Agraria na captura das axudas da PAC que conforman a solicitude única a partir de 2015, así como doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde (alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac, solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional etc.):

1. As entidades de crédito (bancos ou caixas de aforro) que teñan sucursais abertas ao público na Comunidade Autónoma de Galicia,

2. As organizacións profesionais agrarias con implantación na Comunidade Autónoma e

3. As entidades de aconsellamento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega).

Artigo 15. Requisitos das entidades colaboradoras

1. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispor de persoal cualificado para prestar o asesoramento no ámbito da solicitude única de axudas da PAC.

b) Dispor de medios para o tratamento informático das solicitudes a través do programa de captura facilitado polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

c) Dispor de certificado dixital de usuario da entidade con sinatura electrónica avanzada para a realización do rexistro electrónico das solicitudes presentadas a través da dita entidade.

d) Cumprir o disposto no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os citados requisitos acreditaranse mediante declaración responsable.

Artigo 16. Solicitude e prazo de presentación (procedemento MR239O)

1. As entidades interesadas deberán dirixir a súa solicitude á persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, segundo o modelo do anexo XIV.

2. Esta solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderá presentar a solicitude en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día da publicación da presente orde ata o día 31 de marzo, inclusive.

Artigo 17. Convenio de entidade colaboradora

1. Á vista da solicitude presentada e logo de comprobar o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 15, a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria e o representante da entidade colaboradora formalizarán o convenio de entidade colaboradora.

2. O Convenio de entidade colaboradora terá o contido previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 e xuño, de subvencións de Galicia, e terá efectos para a campaña de solicitudes correspondente ao ano da sinatura e será renovable expresamente mediante addenda para cada campaña.

Artigo 18. Habilitación para a presentación das solicitudes en representación de terceiros

1. A formalización do convenio suporá a habilitación para a presentación na Comunidade Autónoma de Galicia da solicitude única de axudas da PAC e doutras solicitudes relacionadas con ela que tamén se regulan nesta orde, en representación de terceiros por medios telemáticos.

2. As entidades colaboradoras deberán ter a representación necesaria nos termos establecidos no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O Fondo Galego de Garantía Agraria poderá requirir en calquera momento ás entidades habilitadas a acreditación da representación que teñan. A falta de representación suficiente das persoas en cuxo nome se tivese presentado a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades pertinentes.

4. A habilitación só confire á entidade autorizada a representación para intervir na presentación da solicitude da campaña en curso a través da aplicación informática do Fondo Galego de Garantía Agraria.

CAPÍTULO III
Alegacións ao Sixpac

Artigo 19. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac (procedemento MR239K)

1. As persoas interesadas deberán comprobar que a información contida no Sixpac referida aos recintos que compoñen as súas parcelas agrícolas é correcta; en concreto, deberán comprobar que a delimitación gráfica e o uso asignado aos seus recintos é correcto. Así mesmo, deberan asegurarse de que os seus recintos non conteñen elementos non elixibles, en particular, camiños e edificacións.

2. No caso de que a información recollida no Sixpac non coincida coa realidade da súa explotación, as persoas interesadas deberán presentar as alegacións ou solicitudes de modificación que correspondan sobre o uso, a delimitación ou outra información do recinto existente no Sixpac.

3. No que se refire ás alegacións e solicitudes de modificación relativas ao coeficiente de admisibilidade dos pastos (CAP) en Galicia, os interesados distinguirán o factor do CAP que propoñan modificar: solo, pendente ou vexetación. No que se refire ao factor de vexetación, os interesados poderán diferenciar sectores dun mesmo recinto nos cales estimen un grao de admisibilidade substancialmente diferente, pero só se admitirán as solicitudes para incrementar ese factor cando o incremento proposto sexa superior ou igual ao 20 % e, ademais, o novo valor proposto na alegación neses casos só poderá ser algún dos seguintes: 100 %, 70 % ou 40 %.

Artigo 20. Lugar e prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac

1. As alegacións e solicitudes de modificación ao Sixpac dos recintos situados na Comunidade Autónoma de Galicia presentaranse dirixidas á persoa titular da Dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será ata o 31 de maio de 2015 para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axuda tramitadas coa solicitude única no ano 2015.

3. A presentación destas alegacións e solicitudes de modificación realizarase polas mesmas vías establecidas no artigo 13.3 para a modificación da solicitude única.

4. Estas solicitudes irán acompañadas da documentación que para cada caso se indica na parte C do anexo I.

5. A documentación complementaria ou xustificantes necesarios poderán presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 21. Resolución de alegacións e solicitudes de modificación

1. A resolución das alegacións e solicitudes de modificación ao Sixpac corresponde á persoa titular da Dirección do Fogga, que ditará a resolución correspondente que será notificada aos interesados.

2. O prazo para resolver as alegacións ou solicitudes de modificación é de seis meses desde a súa presentación. Transcorrido o devandito prazo sen que se dite resolución expresa, poderán entenderse desestimadas.

3. Contra a resolución da persoa titular da Dirección do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do citado organismo no prazo dun mes, contado desde a notificación da resolución que se impugna.

CAPÍTULO IV
Da condicionalidade

Artigo 22. Obxecto e ámbito de aplicación

Este capítulo ten por obxecto definir na Comunidade Autónoma de Galicia as boas condicións agrarias e ambientais da terra e os requisitos legais de xestión que se deberán cumprir no ano 2015 de acordo coa condicionalidade, de conformidade co Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciben pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

Artigo 23. Obrigación de cumprir os requisitos da condicionalidade

1. Os beneficiarios dos pagamentos e axudas indicados no artigo 2, salvo os que unicamente reciban a prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas ou ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias, así como os beneficiarios que recibisen o primeiro pagamento da prima á arrinca ou á reestruturación e reconversión da viña nos anos 2012, 2013 ou 2014, ou ben á colleita en verde en 2014, deberán observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo VII desta orde, así como as boas condicións agrarias e medio ambientais da terra indicadas no anexo VIII.

2. Consonte o disposto no artigo 92 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, os agricultores que participan no réxime a favor dos pequenos agricultores, quedarán exentos da condicionalidade e, en particular, do seu sistema de control e, se for caso, da aplicación de penalizacións.

Artigo 24. Pastos permanentes

1. Tal e como se establece no artigo 4 do Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, no ano 2015 as normas de condicionalidade tamén incluirán o mantemento de pastos permanentes co obxecto de previr que a superficie total de pastos permanentes sufra unha redución significativa.

2. As obrigas relacionadas co mantemento dos pastos permanentes aplicaranse, de ser o caso, unicamente no ano 2015.

CAPÍTULO V
Resolución das axudas no marco do SIXC

Artigo 25. Resolución de solicitudes de pagamentos directos á agricultura e gandaría

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC, na súa condición de órgano instrutor do procedemento, establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies, o número de animais con dereito a recibir as axudas e os importes que lles corresponden.

2. A persoa titular da Dirección do Fogga será a competente para resolver estas solicitudes.

3. A dita resolución non pon fin á via administrativa e de conformidade co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá ser impugnada en alzada ante a persoa titular da Presidencia do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Artigo 26. Resolución das solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica

1. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios de priorización establecidos nesta orde para cada unha delas.

2. Establecida a priorización das solicitudes, os servizos territoriais do Fogga elevarán a correspondente proposta, a través do subdirector xeral de Xestión da PAC, á directora do organismo, que é a autoridade competente para resolver.

Artigo 27. Prazo para resolver

O prazo máximo para ditar as resolucións previstas no artigo anterior será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 28. Notificación das resolucións de axuda

1. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta notificación especificarase a convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

2. Ademais, nas resolucións das solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica, informarase os beneficiarios de que a medida correspondente se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

Artigo 29. Pagamento aos beneficiarios

1. No que se refire aos períodos de pagamento e anticipos, e ao número de prazos en que se poderán facer os pagamentos, observarase o indicado no artigo 75.1 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento e o Consello, do 17 de decembro de 2013, e no artigo 105 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro de 2014.

2. Os pagamentos indicados no número 1 só poderán efectuarse unha vez finalizados os controis administrativos e sobre o terreo necesarios para verificar que se cumpren as condicións de admisibilidade. Non obstante, os anticipos por axudas concedidas no marco do desenvolvemento rural poderán aboarse unha vez realizados os controis administrativos.

Artigo 30. Cesión da explotación

1. De acordo co establecido no artigo 8 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, cando despois de presentarse unha solicitude de axuda ou de pagamento e antes de que se cumprisen todas as condicións para a súa concesión, unha explotación sexa cedida por un beneficiario a outro na súa totalidade, non se concederá axuda ningunha ao cedente en relación coa explotación cedida.

2. As axudas solicitadas polo cedente concederanse ao cesionario sempre que:

a) O cesionario informe o Fogga antes do 31 de outubro de 2015 e solicite o pagamento da axuda.

b) O cesionario presente, no mesmo prazo, o documento de cambio de titularidade da explotación.

c) Se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.

3. Unha vez que o cesionario informase o Fogga e solicitase o pagamento das axudas:

a) Todos os dereitos e obrigas do cedente que deriven da relación xurídica xerada pola solicitude de axuda ou a solicitude de pagamento entre o cedente e a autoridade competente transferiranse ao cesionario;

b) Todas as actuacións necesarias para a concesión da axuda e todas as declaracións realizadas polo cedente antes da cesión asignaranse ao cesionario para os efectos da aplicación da normativa pertinente da Unión Europea;

c) A explotación cedida considerarase, cando proceda, unha explotación independente en relación co ano de solicitude considerado.

4. Sen prexuízo do cumprimento da obriga de informar na forma e prazo indicada no punto 2 deste mesmo artigo, para as indemnizacións compensatorias a concesión da axuda ao cesionario estará supeditada á comprobación do cumprimento por este dos requisitos unha vez que achegue a documentación pertinente.

5. En ningún caso serán de aplicación as disposicións sinaladas neste artigo cando a transferencia só afecte a unha parte da explotación.

TÍTULO II
Dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría

Artigo 31. Obxecto

O obxecto deste título é regular os aspectos específicos para a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría indicados no artigo 2.1 desta orde.

Artigo 32. Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional (procedemento MR241C)

1. As solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional na Comunidade Autónoma de Galicia presentaranse ante a persoa titular da dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será o mesmo que o da solicitude única, é dicir, desde o 1 de marzo ao 15 de maio de 2015, ambos inclusive.

3. A presentación destas solicitudes realizarase polas mesmas vías establecidas no artigo 10 para a solicitude única.

4. Estas solicitudes irán acompañadas da documentación que se indica no anexo I.

5. A documentación complementaria presentarase electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 33. Alegacións e comunicacións previas á asignación de dereitos de pagamento básico (procedemento MR256A)

1. As alegacións e comunicacións previas á asignación de dereitos de pagamento básico segundo o establecido nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, deberán presentarse ante a autoridade competente en que se presente a solicitude única do ano 2015, polo que na Comunidade Autónoma de Galicia se presentarán dirixidas á persoa titular da Dirección do Fogga.

2. O prazo de presentación será o mesmo que o da solicitude única, é dicir, desde o 1 de marzo ao 15 de maio de 2015, ambos inclusive.

3. A presentación destas alegacións e comunicacións realizarase polas mesmas vías establecidas no artigo 13.3 para a modificación da solicitude única.

4. Estas alegacións e comunicacións irán acompañadas da documentación correspondente que se indica no anexo I.

5. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 34. Cesións de dereitos de pagamento básico (procedemento MR241D)

1. A comunicación das cesións dos dereitos de pagamento básico realizarase de acordo co establecido no artigo 30 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

2. O cedente comunicará á persoa titular da Dirección do Fogga a cesión dos dereitos de pagamento básico sempre e cando a súa última solicitude única a tivese presentado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Na Comunidade Autónoma de Galicia as comunicacións destas cesións de dereitos presentaranse polas mesmas vías establecidas no artigo 13.3 para a modificación da solicitude única.

4. Xunto coas comunicacións presentaranse os documentos necesarios en función do tipo de cesión elixida tal e como se indica no anexo I.

5. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 35. Período principal de cultivo

1. De acordo co artigo 20.5 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, para o cálculo das porcentaxes establecidas no seu artigo 20.1, para os efectos da diversificación de cultivos no pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente, teranse en conta todos aqueles cultivos declarados en cada recinto que se encontren nel ao longo do período principal do cultivo.

2. Ao amparo das posibilidades establecidas no artigo 20.5 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, tendo en conta as características agronómicas e as condicións agroclimáticas de Galicia, para asegurar o cumprimento dos obxectivos do requisito de diversificación establécese que o período principal de cultivo na Comunidade Autónoma de Galicia será unicamente o comprendido entre maio e setembro. O cultivo deberá permanecer no recinto polo menos durante dous meses consecutivos dese período. En calquera caso, a mesma superficie de cada recinto contabilizarase unha soa vez por ano de solicitude para os efectos do cálculo das porcentaxes dos distintos cultivos.

Artigo 36. Axuda asociada para as explotacións de ovino

De acordo coa posibilidade establecida no artigo 71.3 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, na Comunidade Autónoma de Galicia establécese que poderán ser beneficiarios desta axuda os titulares de explotacións cun censo de femias elixibles igual ou superior a 10.

TÍTULO III
Solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural
no ámbito do SIXC

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 37. Obxecto e ámbito

1. Neste título regúlanse as solicitudes de pagamento das medidas de desenvolvemento rural no ámbito do sistema integrado de xestión e control que se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

2. Estas solicitudes de pagamento comprenden medidas do PDR de Galicia 2007-2013 e do PDR de Galicia 2014-2020.

CAPÍTULO II
Medidas do PDR de Galicia 2007-2013

Sección 1ª. Indemnización compensatoria

Artigo 38. Ámbito de aplicación

Poderá concederse unha indemnización compensatoria anual aos agricultores que reúnan os requisitos que se establecen no seguinte artigo polas superficies das explotacións que radiquen nos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña ou distintas das de montaña, conforme os artigos 18 e 19, respectivamente, do Regulamento (CE) nº 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, e que se indican no anexo V desta orde.

Artigo 39. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que o soliciten e que reúnan as seguintes condicións:

1. Ser agricultor a título principal, a título individual ou como socio dunha entidade asociativa. Cada socio poderá percibir a indemnización correspondente á súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para efectos de cálculo dunha indemnización compensatoria única. No caso de ser membro dunha entidade asociativa, esta deberá realizar, previamente á solicitude dos socios, a solicitude única de axudas en que se inclúa unha relación dos socios da entidade coa súa cota de participación nela.

2. Comprometerse formalmente a manter a actividade agraria en zonas desfavorecidas durante polo menos cinco anos a partir do primeiro pagamento da axuda, salvo xubilación ou causa de forza maior.

3. Comprometerse formalmente a exercer a agricultura sustentable empregando métodos de prácticas agrícolas que permitan manter boas condicións agrarias e ambientais da terra, de acordo co establecido no anexo VIII, adecuadas ás características agrarias da localidade e compatibles co ambiente e o mantemento do campo e da paisaxe.

Artigo 40. Requisitos das explotacións

As explotacións obxecto da axuda deberán cumprir as seguintes condicións:

1. Ter a súa superficie declarada, en parte ou totalmente, sobre as zonas desfavorecidas indicadas no anexo V desta orde.

2. De tratarse de explotacións gandeiras de vacún, ovino-cabrún ou equino, a carga gandeira máxima será de 2,00 UGM/ha de superficie forraxeira e a mínima de 0,40 UGM/ha en zonas desfavorecidas de montaña e 0,70 UGM/ha en zonas desfavorecidas distintas ás anteriores, en calquera día do ano. Para o resto de explotacións gandeiras e para as estritamente agrícolas non se determina nin se establece límite de carga gandeira.

3. Ter unha superficie agrícola superior a 2 ha en zonas desfavorecidas.

4. Cumprir os requisitos da condicionalidade que aparecen recollidos nos anexos VII e VIII desta orde.

Artigo 41. Carga gandeira

O cálculo de carga gandeira indicada no artigo anterior realizarase tendo en conta:

1. Para a determinación das UGM, en cada día do período comprendido entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015, os censos de machos e femias de bovino de seis ou máis meses de idade, máis o número de machos e femias de ovino e cabrún, excepto os años e cabritos, e os équidos presentes na explotación, que se converterán en UGM de acordo coas equivalencias establecidas no artigo 3.2.i).

2. Para a determinación da superficie forraxeira teranse en conta as superficies indicadas no artigo 3.2.g).

As explotacións para as cales se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias, da Consellería do Medio Rural e do Mar, como perceptoras deste tipo de axuda.

Artigo 42. Importe da axuda

1. A modulación da axuda establécese no marco do previsto no artigo 93 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, e en función do artigo 37 do mesmo e do PDR de Galicia 2007-2013.

2. A contía mínima de indemnización compensatoria que pode recibir un titular é de 300 euros e a máxima de 2.500 euros por explotación.

3. Establécense dous módulos base como límite das axudas:

a) En zonas desfavorecidas de montaña (artigo 36.a, inciso i) do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro): 94 euros/ha de superficie indemnizable.

b) En zonas desfavorecidas distintas das de montaña (artigo 36.a, inciso ii) do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro): 57 euros/ha de superficie indemnizable.

4. De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, o pagamento non será superior a 250 euros/ha de SAU nas zonas desfavorecidas de montaña nin superior a 150 euros/ha de SAU nas zonas desfavorecidas distintas das de montaña. Ademais, o pagamento mínimo non será inferior a 25 euros/ha de SAU. A superficie indemnizable máxima será de 100 ha.

5. Ao módulo base aplicaránselle coeficientes correctores en función da superficie indemnizable da explotación, da base impoñible xeral declarada polo titular da explotación na declaración da renda exixible de acordo co punto 5.a da parte B do anexo I desta orde relacionada coa renda de referencia determinada para o ano 2015 e das condicións socioeconómicas do concello en que está situada a explotación, segundo se establece no anexo VI.

Artigo 43. Incompatibilidades

A indemnización compensatoria será incompatible coa percepción polo beneficiario dunha pensión de xubilación, de subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

Artigo 44. Criterios de priorización

Os criterios de prioridade que se aplicarán son os seguintes:

1. Idade do solicitante. Intervalo de asignación: de 0,00 a 35,25 puntos. Asignarase ao expediente 0,75 puntos por cada ano de diferenza entre 65 e a idade que lle corresponda cumprir ao solicitante no ano de campaña.

2. Solicitantes mulleres. Asignación de 5 puntos se o solicitante é muller.

3. Solicitantes cuxas explotacións estean total ou parcialmente localizadas en zonas pertencentes á Rede Natura 2000, segundo o seguinte baremo:

a) Se a superficie en Rede Natura é igual ou maior do 50 % da superficie total da explotación: 6 puntos

b) Se a superficie en Rede Natura é menor do 50 % da superficie total da explotación: 3 puntos.

4. Solicitantes que sexan titulares exclusivos ou cotitulares dunha explotación prioritaria: 8 puntos.

De acordo coa puntuación obtida ordenaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata completar, cos importes das solicitudes de máis puntos, o orzamento dispoñible.

No caso de igualdade de puntos terá preferencia o solicitante de menor idade.

Sección 2ª. Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira
forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento
das frondosas caducifolias

Artigo 45. Ámbito de aplicación

Os beneficiarios que se indican no artigo seguinte poderán solicitar o pagamento dunha prima destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada en terras agrícolas abandonadas.

Artigo 46. Beneficiarios

No ano 2015 poderán solicitar o pagamento da prima de mantemento aqueles beneficiarios que a teñen concedida sobre a base das seguintes ordes reguladoras e coas condicións indicadas:

1. Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2015.

2. Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño). Unicamente para os expedientes en que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación a partir do 1 de xaneiro de 2010 e que lles corresponda no ano 2015.

3. Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

4. Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

5. Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

6. Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

7. Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e convócanse para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

8. Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e convócanse para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro). Unicamente beneficiarios das axudas da liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito.

CAPÍTULO III
Medidas do PDR de Galicia 2014-2020

Sección 1ª. Elementos comúns para as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica

Artigo 47. Elementos comúns

En prol dunha maior claridade, nesta sección recóllense os elementos comúns que son de aplicación tanto ás axudas de agroambiente e clima como ás de agricultura ecolóxica.

Artigo 48. Liñas de base

1. De acordo co indicado nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, as axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica unicamente cubrirán os compromisos que impoñan maiores exixencias que os requisitos obrigatorios correspondentes establecidos de conformidade co título VI, capítulo I, do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, os criterios e actividades mínimas pertinentes establecidos de conformidade co artigo 4, número 1, letra c), incisos ii) e iii), do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e os requisitos mínimos relativos á utilización de abonos e produtos fitosanitarios, así como outros requisitos obrigatorios pertinentes establecidos no dereito nacional.

2. En cada axuda, a liña de base estará composta polos requisitos obrigatorios indicados no número anterior que sexan pertinentes para os seus compromisos. Os requisitos que constitúen a liña de base de cada axuda identifícanse no anexo X.

Artigo 49. Aconsellamento específico

1. As explotacións beneficiarias das axudas a que se refire esta sección deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade inscrita antes do 1 de xaneiro de 2015 no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) ou coa solicitude de inscrición presentada antes desa data sempre e cando queden finalmente inscritas con data límite 31 de marzo de 2015.

2. Para verificar que as explotacións reciben o aconsellamento exixido, as entidades de aconsellamento indicadas polos interesados na solicitude única comunicarán ao Fogga con data límite 31 de xullo do ano de solicitude a información establecida no anexo XI.

Artigo 50. Cálculo da carga gandeira

Nas axudas as que se refire esta sección cando se exixa o cumprimento dunha carga gandeira o cálculo farase cos seguintes factores:

1. Unidades de gando maior (UGM): utilizarase un valor medio calculado a partir dos censos gandeiros das especies de bovino, ovino, caprino e/ou equino presentes na explotación en seis datas do ano de solicitude. O número de animais converterase a UGM segundo as equivalencias indicadas no artigo 3.2.i) desta orde.

2. A superficie forraxeira da explotación: teranse en conta as superficies indicadas no artigo 3.2.g).

Sección 2ª. Agroambiente e clima

Artigo 51. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas concederanse aos agricultores que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

2. Os compromisos agroambientais e climáticos aos cales se poderán acoller os agricultores polas unidades de produción (superficies, colmeas ou animais) da súa explotación situadas na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Apicultura para a conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais.

b) Razas autóctonas en perigo de extinción.

c) Xestión sustentable de pastos.

d) Extensificación do vacún de leite.

e) Produción integrada.

Artigo 52. Incompatibilidades

Os compromisos de xestión sustentable de pastos e de extensificación do vacún de leite son incompatibles entre sí.

Doutra banda, unicamente o compromiso de razas autóctonas en perigo de extinción é compatible coas axudas á agricultura ecolóxica reguladas na sección 3ª deste capítulo.

Subsección 1ª. Apicultura para a conservación da biodiversidade en zonas
con limitacións naturais

Artigo 53. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os apicultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega), que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 54. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49.

Artigo 55. Compromisos

As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

1. Manter un mínimo de 100 colmeas en municipios de Galicia designados como zonas de montaña segundo o indicado no anexo V e distribuídas, polo menos, en 2 alvarizas.

2. Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Para estes efectos consideraranse comprometidas e primables un máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra o exixido no compromiso seguinte.

3. A distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

Artigo 56. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por 5 anos e durante este período non será posible o incremento das colmeas comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 57. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 12 euros por colmea situada en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia designados como zonas de montaña, cun máximo de 80 colmeas por alvariza que cumpra os compromisos.

Subsección 2ª. Razas autóctonas en perigo de extinción

Artigo 58. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega), que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 59. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 60. Compromisos

As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

1. Dispoñer de máis de 5 UGM primables dunha ou varias das razas autóctonas en perigo de extinción relacionadas no anexo IX desta orde.

2. Cando se trate de especies de ovino, cabrún, equino e/ou bovino, manter na explotación unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e máxima de 2 UGM/ha.

3. Manter, como mínimo, as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os anos que dura o compromiso.

4. Participar no programa de mellora xenética da raza.

Artigo 61. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por 5 anos. Durante ese período será posible incrementar o número de UGM comprometidas a condición de que ese incremento sexa polo menos de 5 UGM e a duración inicial do compromiso se manteña.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 62. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 175 euros/UGM primable. Serán primables as UGM calculadas a partir de animais inscritos nos correspondentes libros xenealóxicos das razas.

Subsección 3ª. Xestión sustentable de pastos

Artigo 63. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación de bovino, ovino, cabrún e/ou equino inscrita no Rexistro de explotacións gandeiras (Rega), que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 64. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 65. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Dispoñer dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable.

b) Manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

c) Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas as que se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

d) Non implantar cultivos nas superficies con pendentes maiores do 10 %, excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

e) A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 20 % da superficie forraxeira da explotación.

f) O pastoreo ocupará polo menos o 70 % da superficie de prados e pastos permanentes da explotación.

g) Manter actualizado un caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XII.

2. Para o cálculo da superficie indemnizable só se considerará a superficie forraxeira situada no concello da explotación ou limítrofes e que sexa obxecto destes compromisos. Para este cálculo non se computarán:

a) As superficies de uso en común.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

3. Na superficie de pastos arbustivos e pastos arborados aplicarase un coeficiente redutor de 0,30 ao importe unitario da axuda.

4. Os compromisos non se aplicarán a parcelas fixas senón a nivel de superficie.

Artigo 66. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

Os compromisos contraeranse por 5 anos e durante este período non será posible o incremento das superficies comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 67. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 120 euros/ha de superficie indemnizable salvo para os pastos arbustivos e pastos arborados que será de 36 euros/ha.

Subsección 4ª. Extensificación do vacún de leite

Artigo 68. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega), que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 69. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 70. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Dispor dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable.

b) Manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

c) Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas a que se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

d) Non implantar cultivos nas superficies con pendentes maiores do 10 %, excepto para establecer pasteiros ou rexenerar o pasto.

e) As UGM correspondentes aos animais de máis de 12 meses de razas bovinas de aptitude eminentemente leiteira deberán ser, polo menos, o 70 % do total de UGM da explotación.

f) A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos de prados de menos de 5 anos) será menor ou igual ao 25 % da superficie forraxeira da explotación (excluíndo o pasto arbustivo e o pasto con arboredo).

g) O pastoreo ocupará polo menos o 50 % da superficie de prados (temporais e permanentes) da explotación.

h) Manter actualizado un caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XII.

2. Para o cálculo da superficie indemnizable só se considerará a superficie forraxeira situada no concello da explotación ou limítrofes e que sexa obxecto destes compromisos. Para este cálculo non se computarán:

a) As superficies de pastos arbustivos e pastos arborados.

b) As superficies de uso en común.

c) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

3. Os compromisos non se aplicarán a parcelas fixas senón a nivel de superficie.

Artigo 71. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por 5 anos e durante este período non será posible o incremento das superficies comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 72. Importe da axuda

Establécese unha axuda de 170 euros/ha de superficie indemnizable.

Subsección 5ª. Produción integrada

Artigo 73. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro de explotacións, que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 74. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49 e non aplicar lodos de depuradora na integridade da superficie da explotación.

Artigo 75. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Aplicar a produción integrada de acordo coa normativa vixente durante todo o ano natural.

b) Estar inscrito como produtor no correspondente rexistro de produción integrada e cumprir con todas as obrigas que derivan del.

c) Certificar o cumprimento da norma xeral e a específica de cada cultivo a través dunha entidade acreditada.

d) Aplicar os métodos de produción integrada na totalidade da superficie da explotación dedicada á mesma orientación produtiva (cultivo e/ou especie).

e) Dispoñer, polo menos, de 2 ha de cultivos suxeitas aos compromisos desta medida.

f) Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas a que se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

g) Manter actualizado un caderno de explotación en que se anotarán todas as operacións e prácticas de cultivo realizadas en cada unha das parcelas. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XII.

2. A superficie indemnizable será a superficie agraria sobre a que se respecten os compromisos indicados. Non serán indemnizables as superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

3. Os compromisos aplicaranse a parcelas fixas.

Artigo 76. Duración dos compromisos

Os compromisos contraeranse por 5 anos e durante este período non será posible o incremento das superficies comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 77. Importe da axuda

Establécense as seguintes axudas por unidade de superficie indemnizable:

1. Hortícolas ao aire libre: 276 euros por hectárea indemnizable.

2. Hortícolas baixo plástico: 530 euros por hectárea indemnizable.

3. Pataca: 144 euros por hectárea indemnizable.

4. Kiwi: 134 euros por hectárea indemnizable.

5. Viñedo para vinificación: 425 euros por hectárea indemnizable.

Subsección 6ª. Criterios de prioridade

Artigo 78. Criterios de priorización

1. Os criterios de prioridade que se aplicarán son os seguintes:

a) Densidade de poboación do concello en que se localiza a maioría da superficie da explotación ou o maior número de animais ou colmeas no caso de non dispoñer de superficie:

1º. Ata 20 habitantes/km2: 12 puntos.

2º. Entre 20-60 habitantes/km2: 7 puntos.

b) Solicitantes que sexan titulares dunha explotación prioritaria: 1 punto.

c) Solicitantes cuxas explotacións teña superficie en Rede Natura 2000 nunha porcentaxe de polo menos o 30 % da superficie da explotación: 5 puntos.

2. No caso de igualdade de puntos terán preferencia os solicitantes con menor proporción de superficie declarada de pastos arbustivos e arborados sobre a superficie total da explotación.

Sección 3ª. Agricultura ecolóxica

Artigo 79. Ámbito de aplicación

1. Estas axudas concederanse aos agricultores que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes en compromisos relacionados coa agricultura ecolóxica. As axudas compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

2. Os compromisos de agricultura ecolóxica a que se poderán acoller os agricultores polas unidades de produción (superficies ou colmeas) da súa explotación localizadas na Comunidade Autónoma de Galicia son:

a) Conversión á agricultura ecolóxica.

b) Mantemento de agricultura ecolóxica.

Artigo 80. Incompatibilidades

Os compromisos indicados no artigo anterior son incompatibles entre si. Por outra banda, estes compromisos respecto ás axudas de agroambiente e clima reguladas na sección 2ª deste capítulo unicamente serán compatibles co compromiso de razas autóctonas en perigo de extinción.

Subsección 1ª. Conversión á agricultura ecolóxica

Artigo 81. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro de explotacións, que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condicións de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

2. En todo caso, só se poderán beneficiar desta axuda os agricultores en que todas as unidades de produción (superficies e colmeas) da súa explotación inscritas nos rexistros de operadores de agricultura ecolóxica se encontren en período de conversión e este finalice a partir do 1 de xullo, inclusive, do ano da solicitude de pagamento.

Artigo 82. Condicións de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49.

Artigo 83. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) nº 2092/91, e demais normativa de aplicación durante todo o ano natural.

b) Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

c) Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo con o Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño.

d) Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas a que se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

e) As explotacións de gandaría ecolóxica deberán manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

f) En caso de apicultura ecolóxica manteranse, durante os anos que dura o compromiso, as colmeas comprometidas que, como mínimo, serán 80. Se se dispón de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será, polo menos, de 1 km.

g) Manter actualizado o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para efectos dun control das producións. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XII.

2. Os compromisos aplicaranse a parcelas fixas.

Artigo 84. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

1. Os compromisos contraeranse por un período de 5 anos divididos en dous tramos:

a) Conversión á agricultura ecolóxica. Estará suxeito ao establecido nesta subsección e terá unha duración máxima de 2 anos en cultivos anuais e pastos, e de 3 anos en cultivos permanentes distintos de pastos.

b) Mantemento da agricultura ecolóxica. Estará suxeito ao establecido na seguinte subsección e estenderase o número de anos necesarios para completar o período de 5 anos de compromisos.

2. Durante todo o período de compromisos non será posible aumentar as unidades comprometidas.

3. Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 85. Importe da axuda

1. Establécense distintos importes de axuda por superficie indemnizable, que será aquela en que se respectan os compromisos desta axuda. Non serán indemnizables as seguintes superficies:

a) As superficies de uso en común.

b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os importes unitarios de axuda son os que se indican a continuación:

a) Agricultura ecolóxica:

1º. Cultivos herbáceos: 245 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Froiteiras (pebida e óso): 385 euros por hectárea de superficie indemnizable.

3º. Outras froiteiras (castiñeiro etc.): 165 euros por hectárea de superficie indemnizable.

4º. Hortícolas aire libre: 469 euros por hectárea de superficie indemnizable.

5º. Hortícolas baixo plástico: 600 euros por hectárea de superficie indemnizable.

6º. Viñedo para vinificación: 897 euros por hectárea de superficie indemnizable.

b) Gandaría ecolóxica, considéranse indemnizables as superficies situadas no concello da explotación ou limítrofes, cos seguintes importes por grupo de cultivo:

1º. Prados e cultivos forraxeiros: 331 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Pastos arbustivos e arboredos: 99 euros por hectárea de superficie indemnizable.

c) Apicultura ecolóxica.

Establécese unha axuda de 35 euros por colmea en conversión, cun máximo de 80 colmeas por alvariza. Só se computarán as colmeas localizadas en alvarizas que estean a unha distancia de, polo menos, 1 km respecto do resto de alvarizas do mesmo apicultor.

Subsección 2ª. Mantemento de agricultura ecolóxica

Artigo 86. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os agricultores (persoas físicas ou xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas) titulares dunha explotación inscrita no correspondente rexistro de explotacións, que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, que cumpran as condiciones de elixibilidade e se comprometan voluntariamente a respectar os compromisos indicados nos artigos seguintes.

Artigo 87. Condiciones de elixibilidade

As explotacións beneficiarias deberán recibir o servizo de aconsellamento específico dunha entidade que cumpra o indicado no artigo 49.

Artigo 88. Compromisos

1. As explotacións beneficiarias asumirán os seguintes compromisos:

a) Empregar as técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño, e demais normativa de aplicación durante todo o ano natural.

b) Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica

c) Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño.

d) Manter a superficie comprometida durante os anos que dure o compromiso. Non obstante, o número de hectáreas a que se aplicará un compromiso poderá reducirse, sempre e cando non se comprometa o logro do compromiso; en calquera caso, a redución da superficie cuberta por unha submedida nunca poderá exceder o 10 % da superficie suxeita a ela ao inicio do compromiso.

e) As explotacións de gandaría ecolóxica deberán manter unha carga gandeira mínima de 0,7 UGM/ha e non superior a 2 UGM/ha.

f) En caso de apicultura ecolóxica manteranse, durante os anos que dura o compromiso, as colmeas comprometidas que, como mínimo, serán 80. Se se dispón de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será, polo menos, de 1 km.

g) Manter actualizado o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para efectos dun control das producións. Este caderno terá o contido que se indica no anexo XII.

2. Os compromisos aplicaranse a parcelas fixas.

Artigo 89. Duración dos compromisos e solicitude de pagamento

Os compromisos contraeranse por un período de cinco anos. Durante este período non será posible aumentar as unidades comprometidas.

Os beneficiarios deberán presentar anualmente unha solicitude de pagamento dentro da solicitude única de axudas.

Artigo 90. Importe da axuda

1. Establécense distintos importes de axuda por hectárea de superficie indemnizable, que será aquela en que se respectan os compromisos desta axuda. Non serán indemnizables as seguintes superficies:

b) As superficies de uso en común

c) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

2. Os importe unitarios de axuda son os que se indican a continuación:

a) Agricultura ecolóxica:

1º. Cultivos herbáceos: 213 euros por hectárea de superficie indemnizable.

2º. Froiteiras (pebida e óso): 335 euros por hectárea de superficie indemnizable.

3º. Outras froiteiras (castiñeiro etc.): 143 euros por hectárea de superficie indemnizable.

4º. Hortícolas aire libre: 408 euros por hectárea de superficie indemnizable.

5º. Hortícolas baixo plástico: 560 euros por hectárea de superficie indemnizable.

6º. Viñedo para vinificación: 780 euros por hectárea de superficie indemnizable.

b) Gandaría ecolóxica, considéranse indemnizables as superficies situadas no concello da explotación ou limítrofes cos seguintes importes por grupo de cultivo:

1º. Prados e cultivos forraxeiros: 288 euros por hectárea indemnizable.

2º. Pastos arbustivos e arboredos: 86 euros por hectárea indemnizable.

c) Apicultura ecolóxica:

Establécese unha axuda de 30 euros por colmea, cun máximo de 80 colmeas por alvariza. Só se computarán as colmeas localizadas en alvarizas que estean a unha distancia de, polo menos, 1 km respecto do resto de alvarizas do mesmo apicultor.

Subsección 3ª. Criterios de prioridade

Artigo 91. Criterios de priorización

1. Os criterios de prioridade que se aplicarán son os seguintes:

a) Densidade de poboación do concello en que se localiza a maioría da superficie da explotación ou o maior número de animais ou colmeas no caso de non dispoñer de superficie:

1º. Ata 20 habitantes/km2: 12 puntos.

2º. Entre 20-60 habitantes/km2: 7 puntos.

b) Solicitantes que sexan titulares dunha explotación prioritaria: 1 punto.

c) Solicitantes cuxas explotacións teña superficie en Rede Natura 2000 nunha porcentaxe de, polo menos, o 30 % da superficie da explotación: 5 puntos.

2. No caso de igualdade de puntos terán preferencia os solicitantes con menor proporción de superficie declarada de pastos arbustivos e arborados sobre a superficie total da explotación.

Disposición adicional primeira. Dotación orzamentaria

A concesión destas axudas realizarase con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes conforme os orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2015, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

1. Para as axudas especificadas no título II desta orde:

a) Aplicación 12.80.713F.779.0, superficies e intervención de mercado por importe de cen mil (100.000) euros.

b) Aplicación 12.80.713F.779.1, primas gandeiras, por importe de corenta e dous millóns seiscentos cincuenta e catro mil cento dez (42.654.110) euros.

2. Para as axudas especificadas no título III desta orde:

a) Aplicación 12.80.712B.772.1, indemnización compensatoria, por importe de once millóns cen mil (11.100.000) euros.

b) Aplicación 12.20. 713 B. 770.0 , compromisos da anualidade 2015 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas de forestación de terras non agrícolas por importe de un millón novecentos corenta e dous mil corenta e tres (1.942.043) euros

c) Aplicación 12.80.712B.772.1:

1º. Compromisos para o exercicio 2015 nas axudas relativas ao contrato de explotación sustentable, agroambientais e benestar dos animais, dotada inicialmente con catro millóns novecentos catro mil cincocentos setenta e cinco con oitenta e dous (4.904.575,82) euros.

2º. Axudas da medida de agroambiente e clima, por importe de novecentos setenta e sete mil sesenta e nove con vinte (977.069,20) euros no ano 2015; para o ano 2016, oito millóns setecentos noventa e tres mil seiscentos vinte e dous con oitenta (8.793.622,80) euros; para o ano 2017, nove millóns setecentos setenta mil seiscentos noventa e dous (9.770.692) euros; para o ano 2018, nove millóns setecentos setenta mil seiscentos noventa e un euros con cincuenta céntimos (9.770.691,50); para o ano 2019, nove millóns setecentos setenta mil seiscentos noventa e un euros con cincuenta céntimos (9.770.691,50), e para o ano 2020, nove millóns setecentos setenta mil seiscentos noventa e dous (9.770.692) euros.

3º. Axudas da medida de agricultura ecolóxica, por importe de douscentos cincuenta mil (250.000) euros no ano 2015; para o ano 2016, dous millóns douscentos cincuenta mil (2.250.000) euros; para o ano 2017, dous millóns cincocentos mil (2.500.000) euros; para o ano 2018, dous millóns cincocentos mil (2.500.000) euros; para o ano 2019, dous millóns cincocentos mil (2.500.000) euros, e para o ano 2020, dous millóns cincocentos mil (2.500.000) euros.

Disposición adicional segunda. Incremento das dotacións previstas

As dotacións orzamentarias indicadas na disposición anterior poderán incrementarse, se for procedente, con outros fondos do Feaga e do Feader, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración, ampliación ou transferencia de crédito. En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional terceira. Pagamentos no exercicio 2016

A concesión e pagamentos das axudas previstas nesta orde que se teñan que efectuar no exercicio seguinte realizaranse con cargo ao proxecto de orzamentos de gastos do Fogga e da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes dese exercicio, nas aplicacións orzamentarias sinaladas na disposición adicional primeira.

Disposición adicional cuarta. Participación das oficinas agrarias comarcais

As oficinas agrarias comarcais responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Disposición adicional quinta. Normativa de aplicación

En todo o non previsto nesta orde deberá respectarse a normativa comunitaria de aplicación e a normativa estatal de transposición, entre outras, as seguintes disposicións:

a) Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

b) Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.

c) Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

d) Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural.

e) Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común.

f) Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro de 2014, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.

g) Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

Disposición adicional sexta. Normativa de aplicación na tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e para o fomento das frondosas caducifolias

Así mesmo, para os efectos da tramitación da prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras non agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias tamén será de aplicación o establecido nas correspondentes bases reguladoras que se citan a seguir:

a) Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 93, do 15 de maio).

b) Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non-agrícolas (DOG nº 116, do 18 de xuño).

c) Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

d) Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

e) Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

f) Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (DOG nº 50, do 12 de marzo).

g) Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

h) Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro).

Disposición adicional sétima. Condicionalidade das axudas á aprobación do PDR de Galicia 2014-2020

A aprobación das axudas previstas no capítulo III do título III queda supeditada á aprobación previa do PDR de Galicia 2014-2020 pola Comisión Europea mediante o correspondente acto de execución.

Disposición adicional oitava. Obrigas de información

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, os solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna dos fondos agrarios europeos do organismo pagador, pola Intervención xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposición adicional novena. Reintegro de axudas e pagamentos indebidos

Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro, así como o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional décima. Publicidade das axudas

Nos termos establecidos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Fogga publicará no DOG as axudas concedidas excepto no suposto previsto no artigo 15.2.c) en que poderán utilizarse outros procedementos para darlles publicidade. En calquera caso, todas as axudas concedidas se publicarán na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, nos termos previstos no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Disposición adicional décimo primeira. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición transitoria única. Solicitudes formuladas en campañas anteriores

En relación coas solicitudes formuladas ao amparo da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora dos pagamentos directos do primeiro piar da política agrícola común (PAC), en campañas anteriores, aos que non se lles concedeu a subvención solicitada, continuarase coa tramitación dos expedientes no trámite en que se encontraban no momento da finalización do exercicio anterior.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual rango ou inferior a esta orde en todo aquilo en que non estean de acordo co establecido nela.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a directora do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I
Documentación complementaria

A. Solicitude única, Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac, Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional, Alegacións e comunicacións previas á asignación de dereitos de pagamento básico e Cesións de dereitos de pagamento básico.

a) Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

b) Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

c) Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.

d) Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non é persoa física ou, sendo persoa física, non é quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao cal se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

B. Solicitude única.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo e da documentación adicional indicada no punto V do anexo VII do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, presentarase a documentación que se relaciona a continuación:

1. Para as solicitudes con declaración de parcelas:

Certificado da entidade xestora, segundo o modelo do anexo 4-A, no caso de superficies de uso en común onde existan pastos permanentes utilizados conxuntamente por varios produtores. No caso de superficies que xa dispoñen de código, a relación de recintos Sixpac e os tipos de pasto que a compoñen deberán ser remitidos polo representante da entidade ao servizo territorial do Fogga.

2. Para acreditar a condición de agricultor activo:

a) Persoas físicas que non outorguen a autorización para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria a información fiscal necesaria ou ben para persoas físicas que pertencen a unha integradora de gando:

1º. Declaración do IRPF correspondente ao período impositivo dispoñible máis recente. Se non se fixo nunca a declaración do IRPF, achegarase o impreso de alta censual (modelo 036 ou 037).

2º. Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

b) Persoas xurídicas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas. De ser o caso, por petición do órgano xestor deberán achegar a documentación xustificativa dos ingresos agrarios declarados na súa solicitude única:

1º. Declaración informativa anual de entidades en réxime de atribución de rendas (S.C. ou C.B.)

2º. Outra documentación acreditativa dos ingresos agrarios do solicitante.

3. Para o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.

Certificado que acredite a produción ecolóxica nos recintos declarados con este tipo de produción cando non se outorgue a autorización para consultar os datos de consellos reguladores, marcas de calidade, organismos de control ou entidades asociativas.

4. Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola.

Cando o solicitante non sexa persoa física, documentación que permita verificar que os agricultores mozos forman parte da xunta reitora ou do órgano de goberno da entidade a que pertencen.

5. Para as axudas ao desenvolvemento rural:

a) Indemnización compensatoria:

1º. Declaración do IRPF do ano 2013, ou compromiso de presentar a do ano 2014, se é novo solicitante.

2º. Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren estes.

3º. Informe de vida laboral do solicitante. Non será exixible se o solicitante autoriza o Fogga para solicitar directamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información suficiente que xustifique tal circunstancia.

b) Prima anual de mantemento asociada ás axudas de primeira forestación de terras no agrícolas e ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

1º. Factura.

2º. Xustificante de pagamento dela.

3º. No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia en que figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora … e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, xunto cos xustificantes dos gastos polo importe total do investimento.

4º. Declaración doutras axudas segundo o modelo do anexo XIII.

c) Agroambiente e clima e agricultura ecolóxica.

No caso de non autorizar o órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, os solicitantes destas axudas deberán achegar a documentación necesaria para acreditar o cumprimento dos requisitos e compromisos aplicables a cada liña de axuda:

1º. Para todas as liñas de axuda: informe dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia (Resaxega) que acredite que o solicitante recibe o aconsellamento especializado.

2º. Razas autóctonas en perigo de extinción:

– Certificado da Asociación Xestora do Libro Xenealóxico Oficial da Raza ou da asociación oficialmente recoñecida que teña como obxectivo a mellora e conservación da raza autóctona en perigo de extinción pola que se solicita a axuda, onde se indica que o solicitante da axuda ten a condición de socio da asociación e a relación de animais pertencentes ao solicitante que están inscritos nos libros ou rexistros correspondentes, con indicación expresa, de ser o caso, da súa identificación individual, data de nacemento e sexo.

– Certificado asinado polo técnico responsable do Programa de mellora xenética de participación do solicitante no citado programa.

3º. Produción integrada: certificado dunha entidade acreditada para xustificar o cumprimento da normativa de produción integrada.

4º. Agricultura ecolóxica: certificados do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) que acrediten a inscrición no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica así como o respecto das técnicas de produción ecolóxica establecidas no Regulamento (CE) 834/2007 e demais normativa de aplicación.

C. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a seguinte documentación en función do tipo de alegación solicitada.

1. Tipos de alegacións.

Tipo

Definición

1

Cambio de uso nun recinto completo

2

Cambio de sistema de explotación (Secaño/Regadío) para todos os usos Sixpac agás os usos non agrarios nun recinto completo

3

Partición dun recinto para cambiar o uso dunha parte del

4

Partición dun recinto para cambiar o sistema de explotación (secaño/regadío) dunha parte del

5

Existencia de parcela situada en zona urbana que ten uso agrícola

11

Elementos estruturais: inclusión, eliminación, cambio de tipoloxía e/ou modificación de xeometría

12

Reinicio da actividade agraria nun recinto con cultivo abandonado. Incidencia 117

21

Cambio no factor de vexetación –% V– do CAP nun recinto completo

22

Cambio no factor de vexetación –% V– do CAP en parte dun recinto

23

Recálculo dos factores solo e pendente –% (S+P)– do CAP

13

Outras non previstas anteriormente

2. Documentación para cada tipo de alegación.

Tipo de documentación

Obriga de presentala segundo o tipo de alegación

Saída gráfica obtida mediante o visor do Sixpac, delimitando, de ser o caso (mediante un bosquexo acoutado) a superficie afectada pola alegación, con explicación sucinta do motivo da alegación

 Sempre

Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na oficina virtual de Catastro

Para os tipos 2 e 4 se o cambio é de regadío a secaño.

Fotografías con data que sexan representativas da situación actual da superficie afectada pola alegación. Indicarase sobre a saída gráfica do visor o punto desde o que está tomada cada fotografía e a dirección coa que se tomou

Para os tipos 12, 21, 22 e 23, sempre.

Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente

Para os tipos 2 e 4, sempre

Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación

Para o tipo 5, sempre

Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere conveniente

 

D. Solicitude de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a documentación que se indica no anexo V do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

E. Alegacións e comunicacións previas á asignación de dereitos de pagamento básico.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a documentación que en función do tipo de alegación ou comunicación se indica nos anexos III e IV do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

F. Cesións de dereitos de pagamento básico.

Ademais da documentación indicada na letra A deste anexo deberase presentar a documentación necesaria para xustificar o tipo de cesión solicitado de acordo co indicado no anexo VI do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

missing image file

ANEXO III
Zonas de concentración parcelaria en que se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración

Provincia

 

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

12

Boqueixón

1

Boqueixón-Granxa II

15

A Coruña

26

Cesuras

2

Borrifáns

15

A Coruña

26

Cesuras

3

Filgueira de Traba

15

A Coruña

29

Coristanco

1

Couso

15

A Coruña

46

Mazaricos

1

Arcos

15

A Coruña

47

Melide

1

Maceda - Orois

15

A Coruña

48

Mesía

6

Xanceda - Mesía II

15

A Coruña

48

Mesía

7

Visantoña II (Montes de San Martiño)

15

A Coruña

60

Ordes

2

Beán - Pereira II

15

A Coruña

67

O Pino

7

Monte de Santa María de Budiño

15

A Coruña

80

Santiso

5

Pezobre

15

A Coruña

80

Santiso

7

Visantoña

15

A Coruña

80

Santiso

8

Novela - Liñares - Pezobrés

15

A Coruña

80

Santiso

9

Niñodaguia - Serantes (2º sector)

27

Lugo

1

Abadín

5

Fanoi

27

Lugo

2

Alfoz

1

O Pereiro - As Oiras

27

Lugo

4

Baleira

3

Fonteo

27

Lugo

4

Baleira

4

Pousada

27

Lugo

4

Baleira

5

A Braña

27

Lugo

10

Castro de Rei

1

Ramil

27

Lugo

10

Castro de Rei

2

San Xiao de Mos

27

Lugo

15

Cospeito

1

Goá

27

Lugo

21

Xermade

2

Candamil

27

Lugo

30

Mondoñedo

1

Zona Norte

27

Lugo

30

Mondoñedo

2

Sasdónigas

27

Lugo

54

Riotorto

1

Órrea - Galegos

27

Lugo

63

O Valadouro

2

Frexulfe

32

Ourense

2

Allariz

1

San Vitoiro - Urrós

32

Ourense

6

Baltar

3

Niñodaguia

32

Ourense

21

Cartelle

1

Vilar de Vacas

32

Ourense

37

Xunqueira de Ambia

2

A Graña

32

Ourense

70

Ribadavia

1

Santo André de Campo Rredondo

32

Ourense

86

Verín

1

Mandín-Feces

36

Pontevedra

13

Covelo

1

Prado - Godóns

36

Pontevedra

13

Covelo

2

A Graña - Campo

36

Pontevedra

13

Covelo

3

Barcia de Mera

36

Pontevedra

24

Lalín

5

Vilatuxe

ANEXO IV-A
Certificación de aproveitamento de pastos permanentes de uso en común. Solicitude única de axudas PAC/DR. Campaña 2015

Don/Dona .................................................................................. con DNI ........................... e teléfono .............................., actuando en calidade de secretario/presidente da entidade

(Riscar o que non proceda)
…………………………..........................................................................................................,

co NIF................................... e código de comunal ..........................., do lugar de ………....

......................................., parroquia de ……........................................................................,

concello de ........................................................

Certifico:

Primeiro:

Que a superficie neta total de pastos permanentes de uso en común no dito comunal é de …......................... ha.

Segundo:

Que Don/Dona ..........................................................................................., co NIF ..............................., aproveita nesta superficie de uso en común as superficies netas de:

Utilización

Superficie neta (ha) (*)

A. Pasteiros ou prados ≥ 5 anos

B. Pasto arbustivo ou pasto con arboredo

E para que así conste, e unicamente para os efectos de declaración de pastos permanentes na solicitude única de axudas PAC/DR-2015, expido esta certificación.

...........................................,....... de ............................... de 2015

Sinatura

(*) Superficies de pasto permanente totais individuais, dependendo da porcentaxe que lle corresponda da superficie neta total de pastos en cada utilización.

ANEXO IV-B
Relación de parcelas ou recintos con pastos permanentes de uso en común.Axudas PAC/DR. Campaña 2015

Don/Dona ...................................................................................... con DNI ............................ e teléfono ..........................., actuando en calidade de secretario/presidente da entidade

(Riscar o que non proceda)
…….…………………….........................................................................................................,

co NIF.............................. e código de comunal ..........................., do lugar de ….........……,
parroquia de ……......................................................................, concello de ...........................

Certifico:

Primeiro:

Que a superficie neta total de pastos permanentes de uso en común no dito comunal é de ..................... ha.

Segundo:

Que a relación de recintos Sixpac e o tipo de pastos permanentes en que se descompón esa superficie é:

Referencias identificativas

Propiedades da referencia

Utilización

Nº orde

Provincia

Concello (catastral)

Tipo ref.

Zona

Polígono

Parcela

Recinto

Sup. total (ha)

Uso Sixpac

Cap (1)

Sup. admisible (ha)

Sup. sem. total (ha)

Código (2)

Sup. neta (ha) (3)

Cód.

Nome

Cap*

% (S+P)

% V

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Observacións:

(1) CAP = coeficiente de admisibilidade do pasto correspondente ao recinto Sixpac, se o uso do recinto é «PR» ou «PA», que se descompón en dúas porcentaxes expresadas en % sen decimais:

% (S+P): porcentaxe debida aos factores de solo e pendente.

% V: porcentaxe debida ao factor de vexetación. De acordo co artigo 19 da orde, revisarase esta porcentaxe e, no caso de modificala, anotarase un dos tres valores seguintes: 100 %, 70 % ou 40 %.

(2) Poñer A ou B, onde:

A = pasteiros ou prados ≥ 5 anos.

B = pasto arbustivo ou pasto con arboredo.

(3) No caso de utilización «A», coincidirá coa Sup. sem. total.

No caso de utilización «B» na que non se actualiza % V, Sup. neta = Sup. sem. total × CAP (utilizarase o valor CAP que figura na columna CAP*)

No caso de utilización «B» cando se actualiza % V, Sup. neta = Sup. sem. total × % (S+P) × % V.

...................................................., .... de ................................... de 2015.

O representante

Asdo.: ...............................................................................

ANEXO V
Zonas desfavorecidas na Comunidade Autónoma de Galicia

As zonas de Galicia que figuran a continuación están incluídas na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas tal como se definen nos puntos 3 e 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18, zonas de montaña, e 19, outras zonas desfavorecidas, do Regulamento (CE) 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE) do 14 de xullo de 1986.

Provincia: 15. A Coruña.

Código

Concello

Tipo zona

R 1257/99

1503003

Aranga

Art. 18

1503006

Arzúa

Art. 19

1503010

Boimorto

Art. 19

1503018

Capela, A

Art. 18

1501022

Cedeira

Art. 18

1503024

Cerceda

Art. 19

1501025

Cerdido

Art. 18

1501027

Coirós

Art. 18

1503032

Curtis

Art. 19

1503038

Frades

Art. 19

1503039

Irixoa

Art. 19

1501044

Mañón

Art. 18

1503046

Melide

Art. 19

1503047

Mesía

Art. 19

1503050

Monfero

Art. 18

1503059

Ordes

Art. 19

1503060

Oroso

Art. 19

1501061

Ortigueira

Art. 18

1503066

Pino, O

Art. 19

1503070

Pontes de García Rodríguez, As

Art. 18

1501076

San Sadurniño

Art. 18

1503079

Santiso

Art. 19

1503080

Sobrado

Art. 19

1503081

Somozas, As

Art. 18

1503083

Toques

Art. 19

1503084

Tordoia

Art. 19

1503085

Touro

Art. 19

1503086

Trazo

Art. 19

1503088

Val do Dubra

Art. 19

1503090

Vilasantar

Art. 19

1501901

Cariño

Art. 18

Provincia: 27. Lugo.

Código

Concello

Tipo zona

R 1257/99

2702001

Abadín

Art. 18

2701002

Alfoz

Art. 18

2703003

Antas de Ulla

Art. 19

2704004

Baleira

Art. 18

2704006

Becerreá

Art. 18

2702007

Begonte

Art. 19

2705008

Bóveda

Art. 19

2705009

Carballedo

Art. 18

2702010

Castro de Rei

Art. 19

2703011

Castroverde

Art. 19

2704012

Cervantes

Art. 18

2703014

Corgo, O

Art. 19

2702015

Cospeito

Art. 19

2705016

Chantada

Art. 18

2705017

Folgoso do Courel

Art. 18

2704018

Fonsagrada, A

Art. 18

2703020

Friol

Art. 19

2702021

Xermade

Art. 18

2702022

Guitiriz

Art. 18

2703023

Guntín

Art. 19

2703024

Incio, O

Art. 18

2703026

Láncara

Art. 18

2703028

Lugo

Art. 19

2702029

Meira

Art. 18

2701030

Mondoñedo

Art. 18

2705031

Monforte de Lemos

Art. 19

2703032

Monterroso

Art. 19

2702033

Muras

Art. 18

2704034

Navia de Suarna

Art. 18

2704035

Negueira de Muñiz

Art. 18

2704037

Nogais, As

Art. 18

2701038

Ourol

Art. 18

2703039

Outeiro de Rei

Art. 19

2703040

Palas de Rei

Art. 19

2705041

Pantón

Art. 19

2703042

Paradela

Art. 18

2703043

Páramo, O

Art. 19

2702044

Pastoriza, A

Art. 19

2704045

Pedrafita do Cebreiro

Art. 18

2702046

Pol

Art. 19

2705047

Pobra do Brollón, A

Art. 18

2701048

Pontenova, A

Art. 18

2703049

Portomarín

Art. 19

2705050

Quiroga

Art. 18

2705052

Ribas de Sil

Art. 18

2702053

Ribeira de Piquín

Art. 18

2701054

Riotorto

Art. 18

2703055

Samos

Art. 18

2703056

Rábade

Art. 19

2703057

Sarria

Art. 19

2705058

Saviñao, O

Art. 19

2705059

Sober

Art. 19

2705060

Taboada

Art. 19

2704062

Triacastela

Art. 18

2701063

Valadouro, O

Art. 18

2702065

Vilalba

Art. 19

2704901

Baralla

Art. 18

Provincia: 32. Ourense.

Código

Concello

Tipo zona

R 1257/99

3201001

Allariz

Art. 19

3201002

Amoeiro

Art. 19

3201003

Arnoia, A

Art. 18

3201004

Avión

Art. 18

3203005

Baltar

Art. 18

3203006

Bande

Art. 18

3203007

Baños de Molgas

Art. 19

3201008

Barbadás

Art. 19

3202009

Barco de Valdeorras, O

Art. 18

3201010

Beade

Art. 19

3201011

Beariz

Art. 18

3203012

Blancos, Os

Art. 18

3201013

Boborás

Art. 19

3201014

Bola, A

Art. 19

3202015

Bolo, O

Art. 18

3203016

Calvos de Randín

Art. 18

3202017

Carballeda de Valdeorras

Art. 18

3201018

Carballeda de Avia

Art. 19

3201019

Carballiño, O

Art. 19

3201020

Cartelle

Art. 19

3203021

Castrelo do Val

Art. 18

3201022

Castrelo de Miño

Art. 19

3202023

Castro Caldelas

Art. 18

3201024

Celanova

Art. 19

3201025

Cenlle

Art. 19

3201026

Coles

Art. 19

3201027

Cortegada

Art. 19

3203028

Cualedro

Art. 18

3202029

Chandrexa de Queixa

Art. 18

3203030

Entrimo

Art. 18

3201031

Esgos

Art. 18

3203032

Xinzo de Limia

Art. 19

3201033

Gomesende

Art. 18

3202034

Gudiña, A

Art. 18

3201035

Irixo, O

Art. 18

3203036

Xunqueira de Ambía

Art. 19

3201037

Xunqueira de Espadanedo

Art. 18

3202038

Larouco

Art. 18

3203039

Laza

Art. 18

3201040

Leiro

Art. 19

3203041

Lobeira

Art. 18

3203042

Lobios

Art. 18

3203043

Maceda

Art. 18

3202044

Manzaneda

Art. 18

3201045

Maside

Art. 19

3201046

Melón

Art. 18

3201047

Merca, A

Art. 19

3202048

Mezquita, A

Art. 18

3202049

Montederramo

Art. 18

3203050

Monterrei

Art. 18

3203051

Muíños

Art. 18

3201052

Nogueira de Ramuín

Art. 18

3203053

Oímbra

Art. 18

3201054

Ourense

Art. 19

3201055

Paderne de Allariz

Art. 19

3201056

Padrenda

Art. 18

3202057

Parada de Sil

Art. 18

3201058

Pereiro de Aguiar, O

Art. 19

3201059

Peroxa, A

Art. 18

3202060

Petín

Art. 18

3201061

Piñor

Art. 18

3203062

Porqueira

Art. 19

3202063

Pobra de Trives, A

Art. 18

3201064

Pontedeva

Art. 19

3201065

Punxín

Art. 19

3201066

Quintela de Leirado

Art. 18

3203067

Rairiz de Veiga

Art. 18

3201068

Ramirás

Art. 19

3201069

Ribadavia

Art. 19

3202070

San Xoán de Río

Art. 18

3203071

Riós

Art. 18

3202072

Rúa, A

Art. 18

3202073

Rubiá

Art. 18

3201074

San Amaro

Art. 19

3201075

San Cibrao das Viñas

Art. 19

3201076

San Cristovo de Cea

Art. 19

3203077

Sandiás

Art. 19

3203078

Sarreaus

Art. 19

3201079

Taboadela

Art. 19

3202080

Teixeira, A

Art. 18

3201081

Toén

Art. 19

3203082

Trasmiras

Art. 19

3202083

Veiga, A

Art. 18

3203084

Verea

Art. 18

3203085

Verín

Art. 18

3202086

Viana do Bolo

Art. 18

3201087

Vilamarín

Art. 19

3202088

Vilamartín de Valdeorras

Art. 18

3203089

Vilar de Barrio

Art. 18

3203090

Vilar de Santos

Art. 19

3203091

Vilardevós

Art. 18

3202092

Vilariño de Conso

Art. 18

Provincia: 36. Pontevedra.

Código

Concello

Tipo zona

R 1257/99

3604001

Arbo

Art. 18

3603007

Campo Lameiro

Art. 18

3603009

Cañiza, A

Art. 18

3601011

Cerdedo

Art. 18

3603012

Cotobade

Art. 18

3603013

Covelo

Art. 18

3604014

Crecente

Art. 18

3601015

Cuntis

Art. 19

3601016

Dozón

Art. 18

3601017

Estrada, A

Art. 19

3601018

Forcarei

Art. 18

3603019

Fornelos de Montes

Art. 18

3601020

Agolada

Art. 19

3601024

Lalín

Art. 19

3603025

Lama, A

Art. 18

3604030

Mondariz

Art. 18

3604034

Neves, As

Art. 18

3603037

Pazos de Borbén

Art. 18

3603043

Ponte Caldelas

Art. 18

3601047

Rodeiro

Art. 19

3601052

Silleda

Art. 19

3601059

Vila de Cruces

Art. 19

ANEXO VI
Cálculo da indemnización compensatoria

– Superficie indemnizable (SI):

Para os efectos do cómputo da superficie indemnizable, exclúense as superficies de regadío superiores a 5,00 hectáreas.

A superficie indemnizable obterase aplicando os seguintes coeficientes redutores sobre as superficies consideradas en cada categoría de aproveitamento (Si):

Categoría aproveitamento II.CC.

Coeficiente redutor Ci

(a) Pastos e forraxes

1,00

(b) Barbeitos, restrebeiras e pasto arbustivo e pasto con arboredo

0,15

(c) Cultivos de regadío

1,00

(d) Cultivos extensivos e plantacións de secaño

0,50

(e) Plantacións non madeireiras, forestais e arbustivas

0,30

A superficie indemnizable resulta de: SI (en ha) = ∑ Si × Ci

– Coeficientes correctores do módulo de base:

- Coeficiente C1: en función da superficie indemnizable.

Superficie indemnizable da explotación

C1 aplicable ao módulo base

M.B. de z.d. montaña

M.B. de z.d. distinta de montaña

Menor ou igual a 5,00 ha

1,00

Máis de 5,00 e ata 25,00 ha

0,75

Máis de 25,00 e ata 50,00 ha

0,50

Máis de 50,00 e ata 100,00 ha

0,27

0,45

Máis de 100,00 ha

0,00

- Coeficiente C2: en función da base impoñible xeral declarada polo solicitante.

Base impoñible xeral declarada polo solicitante

C2 aplicable ao módulo base

Menor ou igual ao 50 % da renda de referencia

1,20

Maior do 50 % da renda de referencia

1,00

- Coeficiente C3: en función das condicións socioeconómicas do concello en que está situada a explotación.

Para os efectos de aplicar este coeficiente, considerarase situada a explotación no concello onde radique o CEA principal utilizado na súa solicitude unificada. Os valores que tomará este coeficiente serán de 1 se o CEA se atopa nun concello non incluído na lista de zonas desfavorecidas e os seguintes valores no caso de atoparse na lista:

Provincia: 15. A Coruña.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

15.003

Aranga

1,15

15.044

Mañón

1,15

15.080

Sobrado

1,15

15.006

Arzúa

1,15

15.046

Melide

1,10

15.081

Somozas (As)

1,10

15.010

Boimorto

1,15

15.047

Mesía

1,15

15.083

Toques

1,15

15.018

Capela (A)

1,10

15.050

Monfero

1,15

15.084

Tordoia

1,15

15.022

Cedeira

1,05

15.059

Ordes

1,00

15.085

Touro

1,15

15.024

Cerceda

1,00

15.060

Oroso

1,00

15.086

Trazo

1,15

15.025

Cerdido

1,15

15.061

Ortigueira

1,10

15.088

Val do Dubra

1,10

15.027

Coirós

1,00

15.066

Pino (O)

1,15

15.090

Vilasantar

1,15

15.032

Curtis

1,15

15.070

Pontes de García Rodríguez (As)

1,05

15.091

Cariño

1,10

15.038

Frades

1,15

15.076

San Sadurniño

1,10

15.039

Irixoa

1,15

15.079

Santiso

1,15

Provincia: 27. Lugo.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

27.001

Abadín

1,10

27.022

Guitiriz

1,10

27.044

Pastoriza (A)

1,15

27.002

Alfoz

1,15

27.023

Guntín

1,15

27.045

Pedrafita do Cebreiro

1,10

27.003

Antas de Ulla

1,15

27.024

Incio (O)

1,15

27.046

Pol

1,15

27.004

Baleira

1,15

27.026

Láncara

1,15

27.047

Pobra do Brollón (A)

1,10

27.901

Baralla

1,15

27.028

Lugo

1,00

27.048

Pontenova (A)

1,10

27.006

Becerreá

1,10

27.029

Meira

1,10

27.049

Portomarín

1,15

27.007

Begonte

1,15

27.030

Mondoñedo

1,10

27.050

Quiroga

1,10

27.008

Bóveda

1,10

27.031

Monforte de Lemos

1,05

27.056

Rábade

1,00

27.009

Carballedo

1,15

27.032

Monterroso

1,15

27.052

Ribas de Sil

1,15

27.010

Castro de Rei

1,15

27.033

Muras

1,10

27.053

Ribeira de Piquín

1,10

27.011

Castroverde

1,15

27.034

Navia de Suarna

1,10

27.054

Riotorto

1,10

27.012

Cervantes

1,15

27.035

Negueira de Muñiz

1,15

27.055

Samos

1,15

27.016

Chantada

1,10

27.037

Nogais (As)

1,10

27.057

Sarria

1,00

27.014

Corgo (O)

1,15

27.038

Ourol

1,15

27.058

Saviñao (O)

1,10

27.015

Cospeito

1,10

27.039

Outeiro de Rei

1,05

27.059

Sober

1,15

27.017

Folgoso do Courel (O)

1,15

27.040

Palas de Rei

1,15

27.060

Taboada

1,15

27.018

Fonsagrada (A)

1,10

27.041

Pantón

1,10

27.062

Triacastela

1,10

27.020

Friol

1,15

27.042

Paradela

1,15

27.063

Valadouro (O)

1,10

27.021

Xermade

1,10

27.043

Páramo (O)

1,15

27065

Vilalba

1,10

Provincia: 32. Ourense.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

32.001

Allariz

1,00

32.033

Gomesende

1,15

32.063

Pobra de Trives (A)

1,10

32.002

Amoeiro

1,05

32.034

Gudiña (A)

1,10

32.065

Punxín

1,1

32.003

Arnoia (a)

1,10

32.035

Irixo (O)

1,10

32.066

Quintela de Leirado

1,15

32.004

Avión

1,10

32.036

Xunqueira de Ambía

1,15

32067

Rairiz de Veiga

1,15

32.005

Baltar

1,10

32.038

Larouco

1,10

32.068

Ramirás

1,10

32.006

Bande

1,15

32.039

Laza

1,15

32.069

Ribadavia

1,05

32.007

Baños de Molgas

1,10

32.040

Leiro

1,10

32.070

Río (San Xoán de)

1,10

32.008

Barbadás

1,05

32.041

Lobeira

1,15

32.071

Riós

1,15

32.009

Barco de Valdeorras (O)

1,00

32.042

Lobios

1,15

32.072

Rúa (A)

1,05

32.010

Beade

1,10

32.043

Maceda

1,10

32.073

Rubiá

1,10

32.011

Beariz

1,10

32.044

Manzaneda

1,10

32.074

San Amaro

1,15

32.012

Blancos (Os)

1,15

32.045

Maside

1,10

32.075

San Cibrao das Viñas

1,00

32.013

Boborás

1,15

32.046

Melón

1,15

32.076

San Cristovo de Cea

1,15

32.014

Bola (A)

1,15

32.047

Merca (A)

1,10

32.077

Sandiás

1,15

32.015

Bolo (O)

1,10

32.048

Mezquita (A)

1,15

32.078

Sarreaus

1,15

32.016

Calvos de Randín

1,10

32.049

Montederramo

1,15

32.079

Taboadela

1,10

32.017

Carballeda de Valdeorras

1,10

32.050

Monterrei

1,15

32.080

Teixeira (A)

1,15

32.018

Carballeda de Avia

1,15

32.051

Muíños

1,10

32.081

Toén

1,10

32.019

Carballiño (O)

1,00

32.052

Nogueira de Ramuín

1,15

32.082

Trasmiras

1,15

32.020

Cartelle

1,15

32.053

Oímbra

1,15

32.083

Veiga (A)

1,15

32.022

Castrelo de Miño

1,10

32.054

Ourense

1,05

32.084

Verea

1,15

32.021

Castrelo do Val

1,15

32.055

Paderne de Allariz

1,10

32.085

Verín

1,00

32.023

Castro Caldelas

1,10

32.056

Padrenda

1,15

32.086

Viana do bolo

1,10

32.024

Celanova

1,00

32.057

Parada de Sil

1,15

32.087

Vilamarín

1,10

32.025

Cenlle

1,10

32.058

Pereiro de Aguiar (O)

1,05

32.088

Vilamartín de Valdeorras

1,15

32.029

Chandrexa de Queixa

1,15

32.059

Peroxa (A)

1,15

32.089

Vilar de Barrio

1,15

32.026

Coles

1,05

32.060

Petín

1,10

32.090

Vilar de Santos

1,05

32.027

Cortegada

1,10

32.061

Piñor

1,15

32.091

Vilardevós

1,15

32.028

Cualedro

1,15

32.064

Pontedeva

1,10

32.092

Vilariño de Conso

1,10

32.030

Entrimo

1,10

32.062

Porqueira

1,15

32.032

Xinzo de Limia

1,00

32.031

Esgos

1,15

32.034

Gudiña (A)

1,10

32.037

Xunqueira de Espadanedo

1,15

Provincia: 36. Pontevedra.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

36.001

Arbo

1,10

36.016

Dozón

1,15

36.034

Neves (As)

1,10

36.007

Campo Lameiro

1,15

36.017

Estrada (A)

1,05

36.037

Pazos de Borbén

1,05

36.009

Cañiza (A)

1,10

36.018

Forcarei

1,15

36.043

Ponte Caldelas

1,05

36.011

Cerdedo

1,15

36.019

Fornelos de Montes

1,15

36.047

Rodeiro

1,15

36.012

Cotobade

1,15

36.020

Agolada

1,15

36.052

Silleda

1,05

36.013

Covelo

1,15

36.024

Lalín

1,00

36.059

Vila de Cruces

1,15

36.014

Crecente

1,10

36.025

Lama (A)

1,10

36.015

Cuntis

1,10

36.030

Mondariz

1,10

– Cálculo das axudas.

As axudas por explotación calcularanse como segue:

IC (en euros) = S.I. × M.B. × C1 × C2 × C3

De existiren superficies consideradas cuantificables para os efectos destas axudas, en ambos os tipos de zonas desfavorecidas, obteranse dous importes.

ANEXO VII
Requisitos legais de xestión

Ámbito

Aspecto principal

Requisitos

Normas nacionais de referencia

Ambiente, cambio climático, boas condicións agrícolas da terra

Auga

RLX 1

Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias (DO L 375 do 31.12.1991, p. 1)

Artigos 4 e 5: cumprimento das medidas establecidas nos programas de actuación, nas explotacións agrícolas e gandeiras situadas en zonas declaradas pola Comunidade Autónoma como zonas vulnerables.

Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

Biodiversidade

RLX 2

Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DO L 20 do 26.1.2010, p. 7)

Artigo 3, número 1, artigo 3, número 2, letra b), e artigo 4, números 1, 2 e 4. Preservar os espazos que constitúen os hábitats naturais das especies de aves migratorias, ameazadas e en perigo de extinción.

Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e a biodiversidade.

Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres

RLX 3

Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DO L 206 do 22.7.1992, p. 7)

Artigo 6, números 1 e 2: conservación de hábitats e especies da Rede Natura 2000.

Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade

Seguridade alimentaria

RLX 4

Regulamento (CE) nº 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO L 31 do 1.2.2002, p. 1)

Artigos 14 e 15, artigos 17, número 1*, e artigos 18, 19 e 20

Art. 14: os produtos da explotación destinados a ser comercializados como alimentos deben ser seguros.

Art. 15: comprobar que nas explotacións gandeiras destinadas á produción de alimentos non existen nin se lles dan aos animais pensos que non sexan seguros.

Art. 17 (1) (*): sobre hixiene dos produtos alimentarios e dos pensos (desenvolvido polos regulamentos (CE) nº 852/2004 e 183/2005, e sobre hixiene dos produtos de orixe animal (desenvolvido polo Regulamento (CE) nº 853/2004).

Art. 18: rastrexabilidade. Identificación dos operadores que subministraron a unha explotación pensos, alimentos, animais para produción de alimentos ou substancias destinadas a seren incorporadas a un penso ou a un alimento e identificación dos operadores a que a explotación subministrou os seus produtos.

Art. 19 e 20: responsabilidades dos explotadores de empresas de pensos/alimentos.

Real decreto 821/2008, do 16 de maio, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene de pensos e se establece o rexistro xeral de establecementos no sector de alimentación animal: no referente ás obrigas que deriven da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro, pola que se establecen as obrigas dos titulares de explotacións agrícolas e forestais en materia de rexistro da información sobre o uso de produtos fitosanitarios.

RLX 5

Directiva 96/22/CE do Consello, do 29 de abril de 1996, pola que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas na cría de gando (DO L 125 do 23.5.1996, p.3)

Artigo 3, letras a), b), d) e e), e artigos 4, 5 e 7: comprobar que non hai na explotación, salvo que exista unha información, substancias non autorizadas, non administrar as ditas substancias aos animais (salvo as excepcións para os tratamentos zootécnicos ou terapéuticos) e non comercializar animais aos cales se lles subministraron substancias ou produtos non autorizados e no caso de administración de produtos autorizados que se respectase o prazo de espera prescrito para os ditos produtos.

Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas de uso na cría de gando.

Identificación e rexistro de animais

RLX 6

Directiva 2008/71/CE do Consello, do 15 de xullo de 2008, relativa á identificación e ao rexistro de porcos (DO L 213 do 8.8.2005, p. 31)

Artigos 3, 4 e 5

Art. 3: rexistro de explotacións porcinas por parte dos Estados membros.

Art. 4: condicións dos rexistros das explotacións de animais da especie porcina.

Art. 5: requisitos de identificación e do movemento de animais da especie porcina.

Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies bovina, porcina, ovina e cabrúa.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais.

RLX 7

Regulamento (CE) nº 1760/2000 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne de vacún e dos produtos a base de carne de vacún (DO L 204 do 11.8.2000, p. 1)

Artigos 4 e 7

Art. 4: requisitos e condicións da marcación auricular da especie bovina.

Art. 7: requisitos e condicións do pasaporte e do rexistro de animais da especie bovina.

Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais .

Orde ARM/687/2009, do 11 de marzo, pola que se modifica o anexo XI do Real decreto 728/2007.

RLX 8

Regulamento (CE) nº 21/2004 do Consello, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa (DO L 5 do 9.1.2004, p. 8)

Artigos 3, 4 e 5: comprobar a correcta identificación e rexistro do gando ovino-cabrún.

Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Real decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais .

Enfermidades animais

RLX 9

Regulamento (CE) nº 999/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio de 2001, polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles (DO L 147 do 31.5.2001, p. 1)

Artigos 7, 11, 12, 13 e 15

Art. 7: respectar as prohibicións en materia de alimentación dos animais.

Art. 11: cumprimento na notificación de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Art. 12: Adopción das medidas relativas aos animais sospeitosos.

Art. 13: adopción das medidas conseguintes á confirmación da presenza de encefalopatías esponxiformes transmisibles.

Art. 15: posta no mercado de animais vivos, esperma, os seus óvulos e embrións.

Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Produtos fitosanitarios

RLX 10

Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as Directivas 79/117/CEE y 91/414/CEE do Consello (DO L 309 do 24.11.2009, p. 1)

Os produtos fitosanitarios empregaranse axeitadamente.

A utilización axeitada incluirá a aplicación dos principios de boas prácticas fitosanitarias e o cumprimento das condicións establecidas na autorización de comercialización do produto fitosanitario e especificadas na etiqueta.

Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Benestar animal

Benestar animal

RLX 11

Directiva 2008/119/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de xatos (DO L 10 do 15.1.2009, p. 7)

Artigos 3 e 4: condicións das explotacións de xatos e relativas á cría.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativa ás normas mínimas para a protección de xatos.

RLX 12

Directiva 2008/120/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos (DO L 47 do 18.2.2009, p. 5)

Artigos 3 e 4: condicións das explotacións de porcos e relativas á cría.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 1135/2002, do 31 de outubro, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos.

RLX 13

Directiva 98/58/CE do Consello, do 20 de xullo de 1998, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (DO L 221 do 8.8.1998, p. 23)

Artigo 4: condicións de cría e mantemento de animais.

Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, no referente ás obrigas que deriven das disposicións da normativa comunitaria específica.

Real decreto 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.

* Na súa aplicación, en particular, en virtude de:

– Artigo 14 do R. 470/2009 e anexo do R. 37/2010.

– Regulamento (CE) nº 852/2004: artigo 4, número 1, e anexo I, parte A [II.4 letras g), h), j); 5, letras f) e h); 6; III.8, letras a), b), d) e e); 9, letras a) e c)].

– Regulamento (CE) nº 853/2004: artigo 3, número 1, e anexo III, sección IX, capítulo 1 [I.1, letras b), c), d) e e); I.2, letra a), incisos i), ii), iii), letra b), incisos i) e ii), e letra c); I.3; I.4; I.5; II.A, números 1, 2, 3, 4; II.B, 1, letras a) e d); 2, 4, letras a) e b)], anexo III, sección X, capítulo 1.1.

– Regulamento (CE) nº 183/2005: artigo 5, número 1, e anexo I, parte A [I.4, letras e) e g); II.2, letras a), b) e e)]; artigo 5, número 5, e anexo III, números 1 e 2; artigo 5, número 6.

– Regulamento (CE) nº 396/2005: artigo 18.

ANEXO VIII
Boas condicións agrarias e ambientais da terra

Ámbito de ambiente, cambio climático e boa condición agrícola da terra.

1. Aspecto principal: auga.

– BCAM 1. Creación de franxas de protección nas marxes dos ríos.

Nas marxes dos ríos, lagos e lagoas, consideradas a partir da ribeira, non se poderán aplicar fertilizantes nunha franxa cuxo largo será o recollido no Código de boas prácticas agrarias ou outra normativa da comunidade autónoma. Ademais, nas ditas franxas respectaranse, se é o caso, o resto de requisitos relativos ás condicións de aplicación de fertilizantes a terras próximas a cursos de auga a que se refire o punto A4 do anexo II da Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos utilizados na agricultura.

Para os efectos do parágrafo anterior, considerarase a definición de fertilizantes da letra e) do artigo 2 da Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991.

De igual modo, nas marxes referidas non poderán aplicarse produtos fitosanitarios nunha franxa de 5 metros de largo sen prexuízo dunha limitación maior recollida na etiqueta dos ditos produtos.

Estas franxas de protección estarán situadas na parcela agrícola ou serán contiguas a ela, de forma que os seus bordos longos sexan paralelos ao bordo da canle ou masa de auga, podendo estar constituídas por vexetación de ribeira.

Na franxa de protección en que non se apliquen fertilizantes non haberá produción agrícola, excepto no caso dos cultivos leñosos que xa estean implantados, xa que a arrinca podería diminuír a protección das marxes. Poderá permitirse a sementa de mesturas de flora silvestre, o pastoreo ou a sega, sempre que a franxa de protección siga sendo distinguible da terra agrícola contigua.

Nas ditas franxas poderanse realizar labores superficiais de mantemento, para evitar a proliferación de pragas e enfermidades que constitúan un risco sanitario para os cultivos adxacentes.

missing image file

– BCAM 2. Cumprimento dos procesos de autorización do uso de auga para a rega.

Para as superficies de regadío, o agricultor deberá acreditar o seu dereito de uso de auga de rega concedido pola Administración hidráulica competente.

– BCAM 3 Protección das augas subterráneas contra a contaminación: prohibición de verteduras directas nas augas subterráneas e medidas para previr a contaminación indirecta das augas subterráneas mediante a vertedura sobre o terreo e a filtración a través do solo de substancias perigosas, tal como se enumeran no anexo da Directiva 80/68/CEE do Consello, do 17 de decembro de 1979, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas, na súa versión en vigor no seu derradeiro día de vixencia, na medida en que teña relación coa actividade agrícola.

Os agricultores non verterán de forma directa ou indirecta as substancias da lista I da Directiva 80/68/CEE do Consello, do 17 de decembro de 1979 (compostos órgano haloxenados e substancias que poidan orixinar compostos semellantes no medio acuático, compostos órgano fosforados, compostos orgánicos de estaño, substancias que posúan un poder canceríxeno, mutáxeno ou teratóxeno no medio acuático ou a través del, mercurio e compostos de mercurio, cadmio e compostos de cadmio, aceites minerais e hidrocarburos e cianuros).

Os agricultores non verterán, a non ser que se obteña autorización, de forma directa ou indirecta, as substancias da lista II da Directiva 80/68/CEE do Consello, do 17 de decembro de 1979 (metaloides, determinados metais e os seus compostos, biocidas e os seus derivados que non figuren na lista I, substancias que teñan un efecto prexudicial no sabor e/ou cheiro das augas subterráneas, así como os compostos que poidan orixinar as ditas substancias nas augas, volvéndoas non aptas para o consumo humano, compostos orgánicos de silicio tóxicos ou persistentes e substancias que poidan orixinar os ditos compostos nas augas, salvo aqueles que sexan bioloxicamente inocuos ou que se transformen rapidamente na auga en substancias inocuas, compostos inorgánicos de fósforo elemental, fluoruros, amoníaco e nitritos).

2. Aspecto principal: solo e reserva de carbono.

– BCAM 4. Cobertura mínima do solo.

• Cultivos herbáceos. Nas parcelas agrícolas de secaño que se sementen con cultivos herbáceos de inverno non se deberá labrar con volteo o solo, entre a data de recollida da colleita anterior e o 1 de agosto, data que se establece como referencia do inicio da presementeira.

• Cultivos leñosos. No caso de cultivos leñosos en pendente igual ou superior ao 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, será necesario manter unha cuberta vexetal de largo mínimo de 1 metro nas rúas transversais á liña de máxima pendente ou nas rúas paralelas á dita liña, cando o deseño da parcela ou o sistema de rega impidan o seu establecemento noutra dirección.

Non obstante, no momento en que poida competir co cultivo ou imposibilite a súa recollida, a dita cuberta poderá eliminarse mediante métodos químicos ou mecánicos, podendo ser incorporada mediante un labor superficial, respectando en todo caso o establecido na epigrafe relativa a cultivos leñosos da BCAM 5.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional, sexan determinadas e autorizadas pola Administración competente aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren axeitadas.

Non se poderá arrincar ningún pé de cultivos leñosos situados en recintos de pendente igual ou superior ao 15 por cento, agás nas zonas en que así se estableza e sexa obxecto de reposición autorizada pola autoridade competente.

Nestes casos hai que respectar as normas destinadas á súa reconversión cultural e varietal e aos cambios de cultivo ou aproveitamento.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación cando a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

• Terras de barbeito e terras sen cultivo. Realizaranse prácticas tradicionais de cultivo, prácticas de mínima labra ou manterase unha cuberta vexetal axeitada, ben sexa espontánea ben mediante a sementeira de especies mellorantes.

As parcelas en que non se realice actividade agraria manteranse de acordo coas normas locais que regulen a dita situación.

– BCAM 5. Xestión mínima das terras que reflicta as condicións específicas locais para limitar a erosión.

• Cultivos herbáceos. Nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos, non deberá labrarse con volteo a terra na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media exceda o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

• Cultivos leñosos. En cultivos leñosos non deberá labrarse con volteo a favor da pendente a terra en recintos con pendentes superiores ao 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, se adopten formas especiais de cultivo como o cultivo en faixas, se practique labra mínima ou de conservación, ou se manteña unha cobertura de vexetación total do solo. No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labor que afecte a estrutura dos noiros existentes.

O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional, sexan determinadas e autorizadas pola Administración competente aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren axeitadas. En todos os supostos, a implantación do cultivo farase o máis rapidamente posible, para evitar que o solo poida verse afectado pola erosión.

– BCAM 6. Mantemento do nivel de materia orgánica no solo mediante prácticas axeitadas, incluída a prohibición de queimar os restrollos, excepto por razóns fitosanitarias

Non poderán queimarse restrollos en todo o ámbito nacional, salvo que, por razóns fitosanitarias, a queima estea autorizada pola autoridade competente, caso en que estará condicionada ao cumprimento das normas establecidas en materia de prevención de incendios e, en particular, as relativas ao largo mínimo dunha franxa perimetral cando os terreos linden con terreos forestais.

Cando se eliminen restos de colleita de cultivos herbáceos e dos de poda de cultivos leñosos deberá realizarse, se é o caso, consonte a normativa establecida.

3. Aspecto principal: paisaxe, nivel mínimo de mantemento.

– BCAM 7. Mantemento das particularidades topográficas e prohibición de cortar sebes e árbores durante a temporada de cría e reprodución das aves.

Non se poderá efectuar unha alteración das particularidades topográficas ou elementos da paisaxe definidos no artigo 2 do Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola, salvo no caso de contar con autorización expresa da autoridade competente.

Non obstante, tendo en conta que os elementos da paisaxe protexidos formarán parte da superficie admisible da parcela agrícola en que estean situados, considérase necesario definir o marco de aplicación e control desta norma para algúns elementos, e establécense os seguintes límites máximos:

- Sebes de largo de ata 10 m.

- Árbores en grupos que ocupen unha superficie máxima de 0,3 ha.

- Lindes de largo de ata 10 metros.

- Charcas, lagoas, estanques e bebedoiros naturais de ata un máximo de 0,1 ha. Non se considerarán os depósitos de cemento ou de plástico.

- Illas e enclaves de vexetación natural ou rocha: ata un máximo de 0,1 ha

- Socalcos de largo, en proxección horizontal, de ata 10 metros.

missing image file

Non obstante o anterior, queda prohibido cortar tanto sebes coma árbores durante a temporada de cría e reprodución das aves, salvo autorización expresa da autoridade ambiental. Tomarase como referencia o período comprendido entre os meses de marzo a xullo.

Exceptúanse da obriga establecida no primeiro parágrafo, a construción de paradas para corrección de corgos, regueiros e bancais, así como as operacións de refinación de terras que se realicen naquelas parcelas que se vaian dedicar ao cultivo do arroz e outros de regadío.

ANEXO IX
Especies e razas autóctonas en perigo de extinción

Especie

Raza

Organismo responsable da xestión do libro xenealóxico

Bovino

Cachena

Asociación de Criadores da Raza Cachena (Cachega)

Caldelá

Asociación de Criadores da Raza Caldelá (Caldega)

Frieiresa

Asociación de Criadores da Raza Frieiresa (Frieirega)

Limiá

Asociación de Criadores da Raza Limiá (Limiaga)

Vianesa

Asociación de Criadores da Raza Vianesa (Vianega)

Ovino

Galega

Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega)

Cabrún

Galega

Asociación de Gandeiros de Cabra Galega (Capriga)

Equino

Cabalo de pura raza galega

Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga)

Porcino

Celta

Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel)

Aves

Galiña de Mos

Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós)

ANEXO X
Correlación da liña de base cos compromisos

Agroambiente e clima

Compromiso agroambiental

Obxectivo ambiental

Liña base

BCAM

RLX

Outra normativa estatal
ou autonómica

Compromisos comúns a ambas as primas de «Manexo sustentable de pastos»

Dispoñer dun mínimo de 10 ha de superficie forraxeira indemnizable

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida melloran se a superficie xestionada de acordo cos compromisos acada unha dimensión suficiente

Ningún

Ningún

Ningún

Manter unha carga gandeira entre 0,7 e 2 UGM/ha

Coa carga gandeira que se establece lograrase un efecto positivo da extensificación sobre o solo, auga, clima etc., e ademais facilítase un aproveitamento suficiente dos pastos.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter a superficie forraxeira comprometida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas.

Os beneficios ambientais e paisaxísticos que se perseguen con esta submedida só se acadan axeitadamente se a superficie xestionada de acordo cos compromisos establecidos é suficientemente representativa e se mantén

Ningún

Ningún

Ningún

Nas superficies da explotación con pendentes > 10 % non se implantarán cultivos, excepto pradarías ou rexeneración de pasto.

Evitar a erosión e favorecer o efecto ambiental de captura de carbono dos pastos

BCAM 5 «Xestión mínima das terras que reflicta as condicións específicas locais para limitar a erosión», onde os aspectos que hai que verificar son os seguintes:

• Cultivos herbáceos. Nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos non deberá labrarse con volteo a terra na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media exceda o 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

Ningún

Ningún

• Cultivos leñosos. En cultivos leñosos non deberá labrarse con volteo a favor da pendente a terra en recintos con pendentes superiores ao 15 %, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais, se adopten formas especiais de cultivo como o cultivo en faixas, se practique labra mínima ou de conservación, ou se manteña unha cobertura de vexetación total do solo. No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labores que afecte a estrutura dos noiros existentes.

• O disposto nos parágrafos anteriores non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional se determinen e autoricen pola Administración competente aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren axeitadas. En todos os supostos, a implantación do cultivo farase o máis rapidamente posible, para evitar que o solo poda verse afectado pola erosión.

Caderno de explotación co rexistro das actuacións de pastoreo.

A anotación das prácticas de pastoreo contribúe á verificabilidade e controlabilidade do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos da prima de «Xestión sustentable de pastos»

A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos dos prados de menos de 5 anos) é menor ou igual ao 20 % da superficie forraxeira da explotación.

A intensificación das producións gandeiras leva unha elevada produción de gases de efecto invernadoiro debido ao maior consumo de combustibles e ao transporte dos alimentos para o gando que se reducen cando se aplica o pastoreo.

O feito de que a maioría da superficie forraxeira da explotación sexa de pastos contribúe a previr a erosión, promove o secuestro de carbono polos pastos permanentes etc.

Ningún

Ningún

Ningún

Realizar o pastoreo en, polo menos, o 70 % da superficie de prados e pastos permanentes da explotación.

O manexo do pastoreo cunha carga gandeira axeitada é unha práctica sustentable que permite o aproveitamento dos pastos e simultaneamente evita a súa deterioración.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos da prima de «Extensificación do vacún de leite»

UGM vacún leite > 12 meses son polo menos o 70 % do total de UGM da explotación.

As explotacións de vacún de leite tenden a modelos intensivos que faciliten o manexo da reprodución e o muxido entre outras labores.

Ningún

Ningún

Ningún

A superficie de millo e outros cultivos forraxeiros (distintos dos prados de menos de 5 anos) é menor ou igual ao 25 % da superficie forraxeira da explotación (excluíndo) o pasto arbustivo e o pasto arborado).

O millo é o principal cultivo das explotacións de vacún de leite de Galicia. Ao limitar a superficie de millo e outros cultivos forraxeiros conséguese unha importante redución do uso de fitosanitarios (herbicidas e insecticidas), e ao mesmo tempo promóvese unha notable extensificación da produción.

Ningún

Ningún

Ningún

Practicar o pastoreo con vacas en polo menos o 50 % da superficie de prados da explotación.

O manexo do pastoreo cunha carga gandeira axeitada é unha práctica sustentable que permite o aproveitamento dos pastos e evita súa deterioración. O pastoreo de vacún de leite é moi exixente en man de obra pero proporciona vantaxes ambientais importantes en canto a menores emisións de GEI.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromiso agroambiental

Obxectivo ambiental

Liña base

BCAM

RLX

Outra normativa estatal ou autonómica

Compromisos de produción integrada

Aplicar a produción integrada de acordo coa normativa vixente.

Condición necesaria para lograr o obxectivo da submedida

Ningún

Ningún

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios:

1. A xestión de pragas dos vexetais realizarase tendo en conta os principios xerais da xestión integrada de pragas establecidos no anexo I do citado real decreto, que sexan aplicables en cada momento e para cada tipo de xestión de pragas.

2. A xestión de pragas realizarase asistida dun aconsellamento, excepto no caso das producións ou tipos de explotacións consideradas de baixa utilización de produtos fitosanitarios de acordo co artigo 10.3 do citado real decreto, en cuxo caso será voluntario.

3. As explotacións exentas da obriga de aconsellamento terán á súa disposición as guías de xestión integrada de pragas aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para facilitar o cumprimento dos principios da xestión integrada de pragas.

4. A partir do 26 de novembro de 2015, os usuarios profesionais de produtos fitosanitarios deberán estar en posesión do carné que acredite coñecementos axeitados para exercer a actividade, así como estar inscritos na correspondente sección do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (Ropo).

5. Prohíbense as aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios, salvo no caso de que sexan autorizadas polo órgano competente da comunidade autónoma, ou promovidas pola propia Administración para o control de pragas declaradas de utilidade pública ou por razóns de emerxencia. En calquera caso, é condición para a súa realización que non se dispoña dunha alternativa técnica e economicamente viable, ou que as existentes presenten desvantaxes en termos de impacto na saúde humana ou o ambiente.

6. Tomaranse todas as medidas necesarias para evitar a contaminación das masas de auga e da auga potable, tal e como se establece nos artigos 31, 32 e 33 do citado real decreto.

7. Respectaranse as prácticas obrigatorias para a manipulación e almacenamento dos produtos fitosanitarios, envases e restos recollidas no capítulo IX do citado real decreto.

8. En virtude do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios, os equipamentos de aplicación dentro do ámbito de aplicación do citado real decreto, segundo o seu artigo 3, deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou no censo de equipamentos que hai que inspeccionar elaborado polos órganos competentes das comunidades autónomas.

Estar inscrito como produtor no correspondente rexistro de produción integrada e cumprir con todas as obrigas que derivan del.

Condición necesaria para lograr o obxectivo da submedida

Ningún

Ningún

Ningún

Certificar o cumprimento da norma xeral e a específica de cada cultivo a través dunha entidade acreditada

Condición necesaria para lograr o obxectivo da submedida

Ningún

Ningún

Ningún

Compromiso de aplicar a produción integrada na totalidade da superficie da explotación dedicada á mesma orientación produtiva (cultivo e/ou especie).

Supón un grao de compromiso ambiental superior que implicará una maior superficie cultivada con prácticas agrarias respectuosas co medio.

Por outra banda, facilita a rastrexabilidade das producións e permite un maior control e verificación de que se cumpren os outros compromisos.

Ningún

Ningún

Ningún

Dispoñer, polo menos, de 2 ha de cultivos suxeitas aos compromisos desta medida.

Contribúe á verificabilidade e controlabilidade do compromiso

Ningún

Ningún

Ningún

Manter a superficie de cultivo suxeita a esta submedida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida só se logran de forma axeitada se a superficie xestionada de acordo cos compromisos se mantén

Ningún

Ningún

Ningún

Manter actualizado o caderno de explotación establecido para produción integrada en que se anotarán todas as operacións e prácticas de cultivo realizadas en cada unha das parcelas.

A anotación das prácticas de fertilización, fitosanitarias e outras permiten un maior control das actuacións na explotación.

Ningún

Ningún

Manter actualizado o rexistro de tratamentos fitosanitarios, de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, e nos artigos 3 e 4 da Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro.

Compromiso agroambiental

Obxectivo ambiental

Liña base

BCAM

RLX

Outra normativa estatal
ou autonómica

Compromisos en razas autóctonas en perigo de extinción

Dispoñer de máis de 5 UGM primables dunha ou varias das razas autóctonas en perigo de extinción.

Os obxectivos da submedida lograranse de forma máis eficiente exixindo este compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

Cando se trate de especies de ovino, cabrún, equino ou bovino, manter unha carga gandeira entre 0,7 e 2UGM/ha

Trátase de aproveitar as aptitudes destes animais para utilizar os recursos forraxeiros logrando unha axeitada conservación dos pastos.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter, como mínimo, as UGM primables comprometidas de razas autóctonas en perigo de extinción durante os anos que dura o compromiso.

Fomentar o mantemento e o aumento dos censos destas razas nas explotacións agrarias. Ao estaren inscritos no libro xenealóxico da raza garántese a súa pureza racial.

Ningún

Ningún

Ningún

Participar no programa de mellora xenética da raza.

O programa de mellora é un conxunto de actuacións orientadas á conservación, mellora e/ou fomento da raza correspondente.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos apicultura en zonas con limitacións naturais específicas

Manter un mínimo de 100 colmeas localizadas en concellos de Galicia designados como zonas con limitacións naturais e distribuídas polo menos en 2 alvarizas.

Conservación da biodiversidade e contribución á paisaxe pola mellora da variedade de especies vexetais mediante o fomento da apicultura nas zonas con maiores limitacións naturais en que é menos frecuente a presenza do home e as actividades asociadas como a apicultura.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os anos que dura o compromiso. Consideraranse comprometidas un máximo de
80 colmeas/alvariza.

Manter o efecto beneficioso que se persegue durante a duración do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

A distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

Ao establecer unha distancia mínima entre alvarizas do mesmo apicultor, maximízase o efecto polinizador das súas abellas.

Ningún

Ningún

Ningún

Agricultura ecolóxica

Compromiso

Obxectivo ambiental

Liña base

BCAM

RLX

Outra normativa

Compromisos comúns

Empregar as técnicas de produción establecidas no Regulamento (CE) 834/2007 e demais normativa de aplicación

O emprego destas técnicas de produción garante a consecución do obxectivo que se persegue.

Ningún

Ningún

Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios:

1. A xestión de pragas dos vexetais realizarase tendo en conta os principios xerais da xestión integrada de pragas establecidos no anexo I do citado real decreto, que sexan aplicables en cada momento e para cada tipo de xestión de pragas.

2. A xestión de pragas realizarase asistida dun aconsellamento, excepto no caso das producións ou tipos de explotacións consideradas de baixa utilización de produtos fitosanitarios de acordo co artigo 10.3 do citado real decreto, caso en que será voluntario.

3. As explotacións exentas da obriga de aconsellamento terán á súa disposición as guías de xestión integrada de pragas aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para facilitar o cumprimento dos principios da xestión integrada de pragas.

4. A partir do 26 de novembro de 2015, os usuarios profesionais de produtos fitosanitarios deberán estar en posesión do carné que acredite coñecementos axeitados para exercer a actividade, así como estar inscritos na correspondente sección do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (Ropo).

5. Prohíbense as aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios, salvo no caso de que sexan autorizadas polo órgano competente da comunidade autónoma, ou promovidas pola propia Administración para o control de pragas declaradas de utilidade pública ou por razóns de emerxencia. En calquera caso, é condición para a súa realización que non se dispoña dunha alternativa técnica e economicamente viable, ou que as existentes presenten desvantaxes en termos de impacto na saúde humana ou o ambiente.

6. Tomaranse todas as medidas necesarias para evitar a contaminación das masas de auga e da auga potable, tal e como se establece nos artigos 31, 32 e 33 do citado real decreto.

7. Respectaranse as prácticas obrigatorias para a manipulación e almacenamento dos produtos fitosanitarios, envases e restos recollidas no capítulo IX do citado real decreto.

8. En virtude do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios, os equipamentos de aplicación dentro do ámbito de aplicación do citado real decreto, segundo o seu artigo 3, deberán estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou no censo de equipamentos que hai que inspeccionar elaborado polos órganos competentes das comunidades autónomas.

Estar inscrito no correspondente rexistro de operadores de agricultura ecolóxica.

Este compromiso é fundamental para garantir o respecto das técnicas de produción da agricultura ecolóxica.

Ningún

Ningún

Ningún

Obter a certificación da produción agraria como ecolóxica, de acordo co Regulamento (CE) 834/2007.

Este compromiso é fundamental para garantir o respecto das técnicas de produción da agricultura ecolóxica.

Ningún

Ningún

Ningún

Manter o caderno de explotación exixido en agricultura ecolóxica para os efectos dun control das producións

A anotación das actuacións de produción permite un maior control das actuacións en cada parcela.

Ningún

Ningún

Manter actualizado o rexistro de tratamentos fitosanitarios, de acordo co establecido no artigo 16 do Real decreto1311/2012, do 14 de setembro e nos artigos 3 e 4 da Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro.

Compromisos específicos para agricultura ecolóxica

Manter a superficie agrícola suxeita a esta submedida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas establecidas.

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida só se logran de forma axeitada se a superficie xestionada de acordo cos compromisos se mantén.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos para gandaría ecolóxica

Manter a superficie agrícola suxeita a esta submedida durante os anos que dure o compromiso, tendo en conta a tolerancia e casuísticas establecidas.

Os beneficios ambientais que se perseguen con esta submedida só se logran de forma axeitada se a superficie xestionada de acordo cos compromisos se mantén

Ningún

Ningún

Ningún

Manter unha carga gandeira entre 0,7 e 2 UGM/ha sobre a superficie forraxeira

A carga gandeira incide en evitar a contaminación, así como en favorecer o efecto positivo da extensificación. Ademais, facilítase un aproveitamento suficiente dos pastos.

Ningún

Ningún

Ningún

Compromisos específicos para apicultura ecolóxica

Manter, como mínimo, as colmeas comprometidas durante os años que dura o compromiso. Para estes efectos consideraranse comprometidas un máximo de 80 colmeas por alvariza.

Manter o efecto beneficioso que se persegue durante a duración do compromiso.

Ningún

Ningún

Ningún

En caso de dispoñer de varias alvarizas, a distancia entre as alvarizas do mesmo beneficiario será polo menos de 1 km.

Ao establecer unha distancia mínima entre alvarizas do mesmo apicultor maximízase o efecto polinizador das súas abellas

Ningún

Ningún

Ningún

ANEXO XI
Informe e ficheiro informático que teñen que remitir as entidades de aconsellamento

Informe:

…………………………………………………………………. con NIF ………………………… actuando en representación da entidade ……………………………………….......................…. con NIF……………………………e domicilio en …………………………………………………, inscrita no Rexistro de Entidades de Aconsellamento e Xestión de Galicia (Resaxega), co número de rexistro...................

Informa:

Que no ficheiro denominado ……………….. se inclúe unha relación de ……….. solicitantes das axudas de agroambiente e clima e/ou agricultura ecolóxica que, actualmente reciben un aconsellamento especializado en materia de compromisos por persoal técnico desta entidade.

Que para cubrir a solicitude única deste ano se lles prestou aconsellamento sobre os requisitos e condicións de elexibilidade, compromisos, liñas de base e condicionalidade aplicables ás axudas solicitadas.

Que durante o ano en curso se visitaron as explotacións destes aconsellados e se existían deficiencias nos seus elementos (superficies, animais, instalacións etc.) para efectos das axudas solicitadas, se fixeron as oportunas recomendacións para a súa mellora ou emenda entregando os correspondentes informes aos aconsellados.

……………………………, ………. de ……………………………………. de 201…..

Datos que conterá o ficheiro informático cos solicitantes que indican na súa solicitude única a entidade de aconsellamento

O ficheiro informático de intercambio coas entidades de aconsellamento terá formato Access, en calquera das súas versións, e incluirá os seguintes campos:

A) Identificación da entidade de aconsellamento:

1. Razón social ou nome e apelidos.

2. NIF.

3. Nº de inscrición no Resaxega.

B) Identificación dos solicitantes que indican na súa solicitude única a entidade de aconsellamento:

1. Razón social ou nome e apelidos.

2. NIF.

3. Nº da solicitude de pagamento da campaña.

4. Actualmente recibe aconsellamento desa entidade (S/N).

ANEXO XII
Contido mínimo dos cadernos de explotación

A. Xestión sustentable de pastos e extensificación do vacún de leite.

• Datos xerais da explotación:

– Nome e apelidos/Razón social do titular da explotación

– NIF

– Rega1

– Coordenadas UTM Rega

– Enderezo

– Concello

– Código postal

– Provincia

– Teléfono fixo

– Teléfono móbil

– Correo electrónico

– Datos do representante (se é distinto do titular)

- Nome e apelidos

- NIF

- Teléfono de contacto

- Correo electrónico

• Datos da entidade de aconsellamento:

– Razón social

– NIF

– Número de inscrición no Resaxega

– Correo electrónico

– Nome e apelidos do técnico responsable da explotación

– NIF

– Teléfono contacto do técnico

• Identificación das parcelas da explotación:

– Nº de orde

– Nº de parcela agrícola2

– Referencias Sixpac actualizadas para a campaña correspondente

– Nome do predio

– Produto

– Variedade, de ser o caso

– Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais)

– Superficie neta declarada de pastos (en hectáreas con dous decimais)

– Actividade agraria

– Aproveitamento forraxeiro (S/N)

• Rexistro de pastoreo:

– Rexistro diario das actuacións de pastoreo:

- Número de parcela agrícola

- Nome do predio

- Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais)

- Mes

- Día do mes

– Resumo anual do rexistro de pastoreo actualizado trimestralmente:

- Número de parcela agrícola

- Nome do predio

- Mes

- Indicador de pastoreo (S/N)

• Rexistro de visitas:

– Nome controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural e do Mar ou entidade de aconsellamento

– Data visita

– Motivo

– Sinatura

1. Indicaranse os datos de todos os Rega de que sexa titular.

2. Superficie de terra continua, declarada por un único agricultor e adicada a un mesmo cultivo.

B. Agricultura ecolóxica.

• Datos xerais da explotación:

– Nome e apelidos/Razón social do titular da explotación

– NIF

– Rega/Reaga1

– Coordenadas UTM Rega

– Enderezo

– Concello

– Código postal

– Provincia

– Teléfono fixo

– Teléfono móbil

– Correo electrónico

– Datos do representante (se é distinto do titular)

- Nome e apelidos

- NIF

- Teléfono de contacto

- Correo electrónico

• Datos da entidade de aconsellamento

– Razón social

– NIF

– Número de inscrición en Resaxega

– Correo electrónico

– Nome e apelidos do técnico responsable da explotación

– NIF

– Teléfono contacto do técnico

• Identificación das parcelas da explotación

– Nº de orde

– Nº de parcela agrícola2

– Referencias Sixpac actualizadas para a campaña correspondente

– Nome do predio

– Produto

– Variedade de ser o caso

– Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais)

– Superficie neta declarada de pastos (en hectáreas con dous decimais)

– Actividade agraria

– Aproveitamento forraxeiro (S/N)

– Produción ecolóxica (S/N)

– Período de conversión (de ser o caso, data en que finaliza)

– Marco de plantación

– Data plantación

– Data colleita

– Produción obtida

• Rexistro de pastoreo (para explotacións gandeiras)

– Rexistro diario das actuacións de pastoreo:

- Número de parcela agrícola

- Nome do predio

- Superficie declarada (en hectáreas con dous decimais)

- Mes

- Día do mes

– Resumo anual do rexistro de pastoreo actualizado trimestralmente:

- Número de parcela agrícola

- Nome do predio

- Mes

- Indicador de pastoreo (S/N)

• Calendario de accións de cultivo

– Número de parcela agrícola

– Data

– Acción

– Produto empregado

– Dose

– Prazo de seguridade

– Xustificación técnica e condicións de uso

• Alimentación

– Período de aplicación da ración

- Tipo de alimento

- Ecolóxico, conversión ou convencional

- Porcentaxe na ración

– Período de acceso aos currais

– Período de transhumancia

• Operacións zootécnicas

– Operación

– Data

– Autorización

– Xustificación

• Rexistro de entradas de insumos:

– Data

– Produto

– Ecolóxico, conversión ou convencional

– Envase

– Cantidade

– Nome comercial

– Nº volante circulación

– Nº factura/albará

• Rexistro saída de produtos:

– Data

– Produto

– Ecolóxico, conversión ou convencional

– Envase

– Cantidade

– Nome comercial

– Nº volante circulación

– Nº factura/albará

• Rexistro de visitas:

– Nome controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural e do Mar ou entidade de aconsellamento

– Data visita

– Motivo

– Sinatura

1. Indicaranse os datos de todos os Rega de que sexa titular.

2. Superficie de terra continua, declarada por un único agricultor e dedicada a un mesmo cultivo.

C. Produción integrada.

O caderno de explotación que se deberá empregar como xustificación do seguimento das normas técnicas de produción integrada será acorde co modelo que figura nos regulamentos técnicos específicos de cada produto ou grupo de produtos. Na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar están dispoñibles os modelos dos citados cadernos a que se poder acceder a través do seguinte enderezo:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/agricultura/horta/producion_integrada/cadernos_de_explotacion/

Na parte final deses modelos deberase engadir un rexistro de visitas co seguinte contido

– Nome controlador da Administración/técnico da entidade de aconsellamento

– Entidade: unidade ou organismo da Consellería do Medio Rural e do Mar ou entidade de aconsellamento

– Data visita

– Motivo

– Sinatura

ANEXO XIII
Declaración doutras axudas

A persoa solicitante ou representante declara

Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

□ Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.

□ Si se solicitaron e/ou concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, que son as que a seguir se relacionan:

Organismo

Importe (€)

Sinatura

Lugar e data

missing image file