Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9723

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de unidade do Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos e a defensa pública dun proxecto técnico relacionado coa xestión da unidade, os postos de persoal sanitario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán dirixirse ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no rexistro sito na planta baixa do Hospital da Costa na rúa Rafael Vior, s/n (CP 27880) Burela, no prazo de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cuarto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital da Costa, así como na intranet da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Lugo, 12 de febreiro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto:

– Supervisor/a de Unidade de Traumatoloxía.

Número de vacantes: 1.

– Supervisor/a de Unidade de Urxencias.

Número de vacantes: 1.