Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo da procedencia de reintegro das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa aos expedientes TR341D 2010/993-1 e TR341D 2010/2008-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2010/993-1.

Nome: Mª Carmen Codesal Miramontes.

Último enderezo coñecido: lugar Miodelo, 20, 15164 Bergondo, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Expediente: TR341D 2010/2008-1.

Nome: Mª Isabel Taboada Tojo.

Último enderezo coñecido: rúa Río Mandeo, 3, baixo, 15660 Cambre, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.