Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado, trámite ordinario, do contrato de servizo de clave PO/07/220.01.1.1 e LU/00/063.01.4.1.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción: variante de Cangas, treito I: PO-551, avenida de Marín.

Clave do expediente: PO/07/220.01.1.1. Referencia: AT/001/2015.

Orzamento base de licitación: 87.438,87 euros, sen IVE. IVE: 18.362,16 euros. Importe total: 105.801,03 euros.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22125

División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para o control e vixilancia, a coordinación de seguridade e saúde e a vixilancia ambiental da obra: terminación da VAC da Costa Norte; treito: Celeiro-San Cibrao.

Clave do expediente: LU/00/063.01.4.1. Referencia: AT/002/2015.

Orzamento base de licitación: 156.366 euros, sen IVE. IVE: 32.836,86 euros. Importe total: 189.202,86 euros.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22128

División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (sen IVE).

5. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e a epígrafe J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura do sobre B e do sobre C: terá lugar na data e na hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con dous (2) días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas