Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade á sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2008/0090-0).

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese a darlle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre a publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Expediente: RL 2008/0090-0.

Nome ou razón social da empresa: Granitos Farrapeira, S.L.

Sector da actividade e CNAE: outras industrias extractivas (08).

CIF: B36263606.

Domicilio social: Nogueira, 1, Ponteareas (Pontevedra).

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Falta de planificación das operacións que se van realizar e das condicións en que se levaba o uso dos equipamentos de traballo, creando un risco grave para a seguridade e a saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de expedición da acta: 16.5.2008.

Data de firmeza da sanción: 8.11.2014.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo
de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social