Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, mediante a modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con dano cerebral no concello de Santiago de Compostela coa entidade Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela Sarela, polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 98/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con dano cerebral en Santiago de Compostela.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 170.536 € (exento IVE).

1.5. Formalización.

a) Data: 12.1.2015.

b) Contratista: Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 160.440 € (exento IVE).

2. Contratación administrativa da xestión do servizo público, mediante a modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional para persoas con discapacidade intelectual no concello da Coruña coa entidade Fundación Adcor, polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 109/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial terapéutica ocupacional para persoas con discapacidade intelectual no concello da Coruña.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 207.360 € (exento IVE).

1.5. Formalización:

a) Data: 12.1.2015.

b) Contratista: Fundación Adcor.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 207.360 € (exento IVE).

3. Contratación administrativa da xestión do servizo público de explotación do centro de apartamentos tutelados de Antas de Ulla para persoas en situación de autonomía, mediante a modalidade de concesión, polo procedemento aberto. Tramitación ordinaria e documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 102/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de explotación do centro de apartamentos tutelados de Antas de Ulla para persoas en situación de autonomía.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 262.800 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 6.2.2015.

b) Contratista: Troncoso Casares, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 229.581,60 € (incluído IVE).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar