Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2015 Páx. 9561

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 16 de febreiro de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Pola Orde do 23 de decembro de 2014 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2015) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 23 de decembro de 2014 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

– Datos do funcionario:

Apelidos e nome: Ces Gens, José Eugenio.

NRP: 3325997613 A206C.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria, clase de inspectores farmacéuticos.

Subgrupo: A1.

– Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: Xefatura da Unidade de Inspección e Control Farmacéutico.

Código do posto: CSA991010127001007.

Nivel CD: 28.

Centro directivo ou dependencia: Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Sanidade.

Localidade: Lugo.