Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución dunha obra pública hidráulica, non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: eliminación e conexión á estación depuradora de augas residuais de Moraña da Fosa do Souto. Moraña (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1030.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 117, do 20 de xuño de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 67.974,89 euros. Importe total: 82.249,62 euros.

Data de adxudicación: 13 de xaneiro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 59.036,19 euros. Importe total: 71.433,79 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de febreiro de 2015.

Contratista: Lancer Proyectos y Obras, S.A.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia