Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de subministración dos dispositivos de impresión en réxime de alugamento e o seu mantemento para distintas dependencias municipais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Contratación.

c) Obtención de documentación e información: Secretaría/Contratación.

1º. Dependencia: Secretaría/Contratación.

2º. Domicilio: praza do Concello, número 2.

3º. Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4º. Teléfono: 988 32 02 02.

5º. Telefax: 988 32 59 78.

6º. Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodobarco.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: SU/A/1/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto (subministración e servizos; resultarán de aplicación para a preparación e adxudicación as normas reguladoras do contrato de subministración).

b) Descrición: contratación en réxime de alugamento sen opción a compra dos dispositivos de impresión (impresoras, fotocopiadoras, escáneres, multifuncionais, etc.) a posta á disposición dos equipamentos e accesorios e o seu mantemento en estado de funcionamiento óptimo nos termos e co alcance do prego técnico.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Concello do Barco de Valdeorras.

1º. Domicilio: o sinalado no número 1.

2º. Localidade e código postal: os sinalados no número 1.

e) Prazo de execución do servizo/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si (unha ou dúas con duración máxima de dous (2) anos).

g) CPV: 64210000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica mínima canon mensual (ata 50 puntos).

Oferta económica mínima PPP B/N (ata 20 puntos).

Oferta económica mínima PPP cor (ata 20 puntos).

Dispositivos extras modelo II (ata 10 puntos).

Dispositivos extras modelo III (ata 10 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 120.320,00 euros.

5. Orzamento base de licitación: 30.080,00 € máis 6.316,80 € de IVE.

1º. Tipo máximo canon de mantemento mensual: 490,00 euros, máis 102,90 euros de IVE.

2º. Tipo máximo do prezo de alugamento:

– Copias en b/n: 0,08 €/copia máis o IVE (actualmente 0,168).

– Copias en cor: 0,12 €/copia máis o IVE (actualmente 0,0252).

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído, calculada conforme o prego de cláusulas administrativas).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no DOG ou no perfil de contratante do Concello.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello do Barco de Valdeorras.

2º. Domicilio: o do número 1.

3º. Localidade e código postal: os do número 1.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: o do número 1.

b) Localidade e código postal: os do número 1.

c) Data e hora: no prazo máximo de dez días desde o remate do prazo de presentación de ofertas anunciarase no perfil do contratante do Concello.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario ata 1.000 euros.

11. Forma e medio de consultar o prego administrativo e técnico: a través do perfil de contratante do Concello na páxina www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 12 de febreiro de 2015

Alfredo García Rodríguez
Alcalde