Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2015 (dous lotes). Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 3/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2015 (dous lotes).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21507

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 220, do 17 de novembro de 2014.

e) División por lotes e número: dous (2) lotes.

Lote nº 1: Seafood Expo North America, Boston 2015 (do 15 ao 17 de marzo), Seafood Bruxelas 2015 (do 21 ao 23 de abril), Tuttofood, Milán 2015 (do 3 ao 6 de maio).

Lote nº 2: Expoxantar Ourense 2015 (marzo); Forum Gastronómico da Coruña 2015 (marzo), Expomar Burela 2015 (maio), Salimat Silleda 2015 (xuño), Conxemar 2015 Vigo (outubro).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 780.200,00 €; IVE (21 %): 163.842,00 €. Importe total: 944.042,00 €.

Valor estimado: 780.200,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 7 de xaneiro de 2015.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 463.309,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 97.294,89 €.

Importe total: 560.603,89 €.

d) Data de formalización do contrato: 2 de febreiro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a única empresa presentada e admitida á licitación para este lote, e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 7 de xaneiro de 2015.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe:157.765 € (sen IVE).

IVE 21 %: 33.130,65 €.

Importe total: 190.895,65 €.

d) Data de formalización do contrato: 2 de febreiro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a única empresa admitida á licitación para este lote e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar