Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9378

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, de prazas vacantes na categoría de facultativo especialista da Área de Anestesioloxía e Reanimación no Complexo Hospitalario de Pontevedra e no Hospital do Salnés.

Mediante resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, do 26 de febreiro de 2014, formalízase a convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG núm. 62, do 31 de marzo 2014, entre elas as prazas de Anestesioloxía e Reanimación.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da Comisión de Avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución do 22 de maio de 2014. Con data do 7 de xullo publícase a Resolución do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Así, tamén con data do 6 de novembro se publica a Resolución do 5 de novembro de 2014, cos acordos da Comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para a selección temporal de persoal facultativo especialista da Área en Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario de Pontevedra e do Hospital do Salnés.

Con data do 18 de novembro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes ás prazas vacantes, de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A Comisión de Avaliación remitiulle á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. Con data do 16 de decembro foi publicada a Resolución do 12 de decembro de 2014, coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de dez (10) días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Unha vez transcorrido o citado prazo, tras a resolución das reclamacións, a Comisión de Avaliación remitiulle á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas, publicadas por Resolución do 6 de febreiro de 2015.

Así, de acordo coa convocatoria citada, recibido o acordo da Comisión con data do 6 de febreiro de 2015, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal en praza vacante de facultativo especialista da Área de Anestesioloxía e Reanimación a favor de Cristina Barreiro Pardal, no Complexo Hospitalario de Pontevedra, e de Emiliano Bevilacqua Alen, no Hospital do Salnés.

No prazo máximo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución deberán achegar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non achegar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeado e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quedase vacante, procederase a declarar seleccionado o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada por Resolución do 6 de febreiro de 2015.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés