Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de loxística de distribución de menús, instrumental, valixa e outro material do Hospital Universitario Lucus Augusti e doutros centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-14-011).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doutor Ulises Romero, 1 (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-14-011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

1. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de loxística para a distribución de menús, transporte alternativo de carros de comidas, instrumental e valixa dentro do Hospital Universitario Lucus Augusti e entre este e outros centros dependentes desta xerencia.

c) Lote (se é o caso): único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de xuño de 2014.

1. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1. Valor estimado do contrato: 1.113.813,56 euros.

2. Orzamento base de licitación. Importe neto: 445.525,42 euros. Importe total: 539.085,76 euros.

3. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 418.793,90 euros. Importe total: 506.740,62 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase o perfil do contratante.

Lugo, 23 de xaneiro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos