Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2015 Páx. 9410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2015/13-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mª del Carmen Reboredo Reboredo.

Domicilio social: Lugar de Pereiró, 4, O Sixto, San Xoán, 36518 Dozón.

Denominación: LMTA e CT para uha granxa en Ponte da Pena.

Situación: Dozón.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 190 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da LMTA existente en Pereiró e final no CT proxectado. Centro de transformación sobre apoio de formigón, de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Ponte da Pena, Pereiró, Dozón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra