Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2015, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Parapar Salgado, María Rosa e Pereira Álvarez, Begoña).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

NIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Parapar Salgado, Rosa María

33852997X

Avda. Xeneral Sanjurjo, 118-120, 6º D

15006 A Coruña

500140023153

1.464,20 €

Pereira Álvarez, Begoña

36047376M

Rúa Médico José Mato Soto, 9-3º A

36210 Vigo (Pontevedra)

500140022839

9.573,96 €