Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9109

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de marzo de 2015 pola que se nomea vogal do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en representación da Secretaría Xeral da Presidencia.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega) e se aproban os seus estatutos. A dita axencia pública autonómica, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten por obxecto a definición, desenvolvemento e execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia relativa ás tecnoloxías da información e comunicacións, así como innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

O artigo 13 do Estatuto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, tras a modificación efectuada polo Decreto 149/2014, do 20 de novembro, polo que se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, prevé que cada consellería da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia estea representada no seu Consello Reitor por un vogal. O nomeamento destes vogais corresponde á persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con base nas circunstancias anteriores, é preciso efectuar o nomeamento como novo vogal do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da persoa representante da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogal titular do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en representación da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, a persoa titular da dita Secretaría Xeral.

Segundo. Nomear vocal suplente primeiro a persoa titular da Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Presidencia e vogal suplente segundo a persoa titular do Servizo de Apoio Técnico da Secretaría Xeral da Presidencia.

Terceiro. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza