Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se fai pública a corrección dun erro na documentación técnica aludida na Resolución do 20 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria, da obra de clave LU/12/036.06.2 e dúas máis (cofinanciamento da Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2007-2013 nun 80 %, eixe 4, tema prioritario 52.6).

No Diario Oficial de Galicia núm. 41, do 2 de marzo de 2015, publicouse a Resolución do 20 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación da obra de clave LU/12/036.06.2 e dúas máis.

Advertido erro na publicación da documentación técnica relativa á obra: dotación de beirarrúas na estrada LU-162, 2ª fase, Cangas de Foz, Lugo, treito 2. Clave do expediente: LU/12/036.06.2. (E/001/2015), no perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22068, modifícase a seguinte data, só neste expediente:

Data límite de presentación da documentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas