Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde en Vilarrodís-Arteixo, cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable, PDRS 2010-2014, eixe 3, servizos e benestar social (expediente AB-SER3-14-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde en Vilarrodís-Arteixo (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixo 3, servizos e benestar social.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 101, do 28.5.2014, na web do Servizo Galego de Saúde e Plataforma de contratos de Galicia o 28.5.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.391.319,86 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.391.319,86 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 2.893.497,03 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 5 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Copcisa, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 1.865.946,89 €. IVE (%) 21 %. Importe total 2.257.795,74 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos