Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación das obras de humanización da travesía interior de Sabarís, fase III, na rúa Areas desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa avenida da praia Ladeira (Baiona).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 9/2015 U.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición: obras de humanización da travesía interior de Sabarís, fase III, na rúa Areas desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa avenida da praia Ladeira (Baiona).

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución/entrega: 7 meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

2.2. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Valor estimado do contrato: 694.023,65 €.

2.3. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 694.023,65 €. Importe total: 839.768,62 €.

2.4. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 34.701,18 €.

2.5. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

2.6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

2.7. Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22086

3. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

5. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas