Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014029TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 24 de novembro de 2014, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014029TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Pablo Novas Márquez (Bar O Carballo).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Pablo Novas Márquez (Bar O Carballo) o contido da citada resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2014029TA-PO.

Denunciado: Pablo Novas Márquez (Bar O Carballo).

Documento de identificación: 35294607A.

Último enderezo coñecido: Montemodos, Beluso, 119 A, 36937 Bueu (Pontevedra).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.d) e disposición adicional terceira da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 75 €.