Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia. Contratación documentalmente simplificada. Contrato reservado aos centros especiais de emprego (expediente AB-CON1-15-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Número de expediente: AB-CON1-15-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 4 anos desde a súa entrada en vigor.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Prezo

0-100 puntos

4. Valor estimado del contrato: 462.758,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 257.088 euros. Importe total: 311.076,48 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: non. Artigo 35.seis da Lei 15/2010 de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 2 e categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se e o caso: ver cláusula 6.5.2., letras e) e f), do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince (15) días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos