Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8768

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de libre designación, de varios postos de xefatura e coordinación de persoal de xestión e servizos.

A Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e pola Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de libre designación, das prazas de xefe/a dos servizos que se relacionan no anexo.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada, sito no 2º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 10 de febreiro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Xestión de Persoal.

Grupo de clasificación: A1 ou A2.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Recursos e Reclamacións.

Grupo de clasificación: A1 ou A2.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa.

Grupo de clasificación: A1 ou A2.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Planificación, Provisión e Condicións de Traballo.

Grupo de clasificación: A1 ou A2.

Número de vacantes: 1.