Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente, cabinas de intemperie e sistemas auxiliares, destinados ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ata un máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratacipn.cmati@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 22037

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 4/2015 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente, cabinas de intemperie e sistemas auxiliares destinados ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) Lugar de execución/entrega: a entrega da subministración por parte da empresa adxudicataria realizarase nos lugares determinados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

d) Prazo de entrega: dous (2) meses de acordo co establecido na alínea F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38430000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 231.123,97 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 231.123,97 €. Importe total: 279.660,00 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 11.556,20 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 1 de abril de 2015, ás 19.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de Unión Europea: 20 de febreiro
de 2015.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas