Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de almacenamento e xestión de residuos de Lajo y Rodríguez, S.A. (LYRSA) no polígono industrial das Gándaras, O Porriño (Pontevedra) (clave 2014-IPPC-I-103).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Lajo y Rodríguez, S.A. situadas no polígono industrial das Gándaras. Revisión do 9.2.2015.

A documentación está composta por tres tomos (memoria, anexos e resumo non técnico), co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-103.

Peticionaria: Lajo y Rodríguez, S.A. (A-28131084).

Domicilio social: rúa Duero 17, 28840 Mejorada del Campo, Madrid.

Localización da instalación: Polígono industrial das Gándaras, s/n, 36400 O Porriño, Pontevedra.

Actividade: compra, clasificación, almacenamento, preparación e/ou descontaminación e expedición de residuos metálicos e chatarras.

Descrición: a instalación conta cunha superficie de 21.872 m2, e de forma xeral, o proceso consiste na recepción dos residuos, descarga nas zonas habilitadas, inspección visual, tratamento, almacén e expedición dos residuos clasificados.

A planta ten autorizacións para a valorización de metais e compostos metálicos, vehículos fóra de uso, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e para o almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.