Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2015 pola que se convoca a contratación, non suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da contratación da subministración, en réxime de arrendamento sen opción de compra, de dispositivos de produción documental.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Enderezo: avenida da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada 36680.

Teléfono: 886 20 61 05/886 20 61 03.

Fax: 886 20 61 21.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: subministración, en réxime de arrendamento sen opción de compra, de dispositivos de produción documental da Academia Galega de Seguridade Pública.

a) Lugar de execución: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Prazo de execución: catro anos. Este contrato admite prórroga por un período non superior á metade do contrato inmediatamente anterior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto, con dous criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 57.000,00 €.

IVE (21 %): 11.970,00 €.

Total: 68.970,00 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: por contía do 5 % do importe de licitación, co IVE incluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días hábiles e das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación, a través da internet, nos enderezos: http//:www.xunta.es/contratacion e http://agasp.xunta.es/

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o seguinte ao da data da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública
das 9.00 ás 14.00 horas, ou ben na forma prevista no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Data: o décimo día natural contado desde o seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece (13.00) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 24 de febreiro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública