Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de febreiro de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de 15 días para facer as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: axencia de viaxes Grupo Viaxes Aluma, S.L.L.

Titular: Grupo Viaxes Aluma, S.L.L.

NIF: B15718901.

Enderezo: avenida da Constitución, 49, baixo.

Concello: 15930 Boiro.