Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de febreiro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02330-O-2014 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmase que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02330-O-2014

6299-DYC

Garda Civil

3600 T84392J

Maderas Santarrita Carpintería Gral.

B36484855

Campelo, San Clemente, 1, 36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.6.2014; 11.30.00; N-550; 102,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02469-S-2014

2594-GMH

Policía Municipal 221116

Torrafer Eventos, S.L.

B27753672

Rúa San Ignacio, N11, 36207 Vigo (Pontevedra)

A carencia de contrato e de folla de ruta ou a ocultación ou a non conservación por parte da empresa dunha copia durante un ano.

28.6.2014; 20.58.00 Rúa Juan Manuel Pintos

Art. 61.n) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

401 euros

PO-02474-S-2014

2594-GMH

Policía Municipal 221116

Torrafer Eventos, S.L.

B27753672

Rúa San Ignacio, N11, 36207 Vigo (Pontevedra)

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

28.6.2014; 20.58.00; Rúa Juan Manuel Pintos

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-02475-S-2014

2594-GMH

Policía Municipal 221116

Torrafer Eventos, S.L.

B27753672

Rúa San Ignacio, N11, 36207 Vigo (Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo, sempre que se dispoña dela.

28.6.2014; 20.58.00; Rúa Juan Manuel Pintos

Art. 62.d) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

201 euros

PO-02553-O-2014

3394-FDX

Garda Civil

3603 V93728C

José Antonio Gómez Quintela

36074309M

Escalinata Peniche, 3, 36202 Vigo (Pontevedra)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

22.7.2014; 16.30.00; A-52; 291,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02681-O-2014

9604-GBJ

Garda Civil

3601 A91977R

Torrado Ameijenda, Begoña

47361641H

Hermita San Lorenzo, 3-4º D, 49600 Benavente (Zamora)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

21.7.2014; 13.00.00; PO-531; 18,8

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02895-O-2014

1005-GPL

Garda Civil

3601 K82210V

Autocares Turísticos Solysur

B92714435

R/ Alegrías, Urb. Pinos Cerralba, 24, 29569 Pizarra (Málaga)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

2.9.2014; 9.00.00; AP-9; 119,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-03436-O-2014

7224-HHX

Garda Civil

3602 W13116X

Construcciones Constenla Vea, S.L.

B36256386

Ramiráns, 10, Santo André de Vea

36676 A Estrada (Pontevedra)

Realizar transporte público ao amparo dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera a súa validez.

21.10.2014; 11.05.00; EP-8004; 1,1

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-03506-O-2014

PO-4317-BP

Garda Civil

3601 Q92637T

Hierros y Metales Carballeda, S.L.

B36350395

Gorgullón, 28, 36003 Pontevedra (Pontevedra)

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

28.10.2014; 15.30.00; PO-531; 4,5

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-03555-O-2014

7264-GDC

Garda Civil

3601 K82210V

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo, 15893 Santiago de Compostela (A Coruña)

A realización de transportes públicos utilizando para a condución de vehículo os servizos dunha persoa que require o certificado de condutor de país terceiro (non da UE), carecendo deste.

2.11.2014; 8.00.00; N-550; 127,0

Art. 141.9 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros