Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de febreiro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU3/16/2011-D1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de decembro de 2014, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/16/2011, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 14 de febreiro de 2012, 23 de agosto de 2012, 29 de abril de 2013 e 17 de xaneiro de 2014, en que se lle ordenaba a demolición dunha edificación para exposición de edificacións de madeira no lugar de Fondo de Cea, no termo municipal de San Cristovo de Cea, e se ordenaba a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Manuel Costas Estévez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística