Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0083/2014-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0083/2014-PPM e nove máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 6 de febreiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0083/2014-PPM.

Persoa interesada: Sergio Vilela Lago.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Nemiña, 40, Muxía.

Expediente: PSC-CO-0389/2014-PPM.

Persoa interesada: Arturo Barrull Romero.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Conservera Celta-A Ponte da Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0419/2014-PPM.

Persoa interesada: Jaime Caño Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Eirís, 231-9º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0271/2014-PPM.

Persoa interesada: Miguel Ferrio Blanco.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Canosa, 81, Lires, Cee.

Expediente: PSC-CO-0413/2014-PPM.

Persoa interesada: Gustavo Vilela Riveiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Quintáns, 55, San Martiño de Ozón, Muxía.

Expediente: PSC-CO-0443/2014-ORS.

Persoa interesada: Cristian Calvo Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Cardeita, 4-2º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0682/2014-PPM.

Persoa interesada: Isabel Romero Borja.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000-A Ponte da Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0275/2014-PPM.

Persoa interesada: José Luis Pasantes Lista.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Verónica, 1, baixo B, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0388/2014-PPM.

Persoa interesada: Francisco Javier Caño García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Proba núm./km 15 A, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0420/2014-PPM.

Persoa interesada: Pablo Cabeza Mato.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: estrada San Pedro de Visma-Mazaído, 45, Visma, A Coruña.