Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 12 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións de expedientes tramitados por esta xefatura territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE núm. 13, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se indican as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil por descoñecerse no expediente desta xefatura territorial o último domicilio dos interesados ou ben, intentada a notificación, non se puido practicar.

Os interesados, ou o seu representante, poderán interpor recurso perante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 172 do Código civil.

As resolucións e os expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo, Ourense).

Nº de expediente: PM 2006/68-3.

Interesada: Lina Marcela Cardona López.

Último enderezo coñecido no expediente: descoñecido.

Asunto: resolución administrativa do 29 de outubro de 2014.

Nº de expediente: AF 2014/17-3.

Interesada: María de la Consolación Gradín Villanueva (33206112-T).

Último enderezo coñecido no expediente: Teo (A Coruña).

Asunto: resolución administrativa do 15 de xaneiro de 2015.

Nº de expediente: PM 2010/37-3.

Interesados: Pedro Lovis Marín (09070290-X) e Concepción Marín Ramírez (45160160M).

Último enderezo coñecido no expediente: Ourense.

Asunto: resolución administrativa do 19 de xaneiro de 2015.

Ourense, 12 de febreiro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense