Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

DECRETO do 4 de febreiro de 2015 polo que se resolve emprazar as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento abreviado) 532/2014, interposto polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia, Marta Capeáns Outeiro e Mª José Tembra Peneireira.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela remitiu ao Concello de Ribeira un oficio polo que lle ordenaba que se remitise o expediente administrativo e que efectuase o emprazamento para que poidan comparecer como demandadas cantas persoas aparezan como interesadas no procedemento abreviado 532/2014, correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia, Marta Capeáns Outeiro e Mª José Tembra Peneireira, contra a Resolución da Alcaldía do 30.9.2014, pola que se acorda o nomeamento de María Villar Loureiro como traballadora social en substitución da empregada municipal en situación de incapacidade temporal.

En consecuencia, esta alcaldía acordou, na data do 4.2.2015, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, do cal a realización da vista será sinalada pola quenda que lle corresponda, e se emprazan para que poidan comparecer como parte no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia; facéndolles saber que, de comparecer fóra do prazo indicado, serán parte para os trámites non precluídos e que, de non comparecer oportunamente, continuará a tramitación do procedemento sen a obriga de practicarlles ningunha notificación (artigos 49 e 50 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Ribeira, 5 de febreiro de 2015

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde