Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8237

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectrometría de masas e proteómica), grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 4 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 19 de decembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 4 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 19 de decembro) para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectrometría de masas e proteómica), grupo III, e comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85 j) dos estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectrometría de masas e proteómica), as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: técnico especialista de investigación, especialidade química (espectrometría de masas e proteómica)

Quenda xeral de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

44815878X

Paz Tarrío, Mónica

2

33999677L

Ladra Ramos, Noemí

3

32835743T

Rega López, Miriam

Quenda de reserva para persoas con discapacidade

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

4

53308642R

Calvete Estela, Iván