Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8241

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (RSU 3877-14-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3877/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 732/2013, Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Elaxtic Descanso, S.L.

Avogado: David Pérez Barreiro

Procurador: Víctor López-Rioboo y Batanero

Recorrido: Fogasa, Confortlastic, S.L., Juan Carlos Ucha Fontenla

Avogado: Fernando Peche Villaverde

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3877/2014 desta sección, seguido por instancia de Elaxtic Descanso, S.L. contra a empresa Confortlastic, S.L., sobre despedimento disciplinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, con desestimación do recurso interposto pola empresa Elaxtic Descanso, S.L., confirmamos a sentenza que con data 2.6.2014 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, por instancia de Juan Carlos Ucha Fontenla e pola que se acolleu a demanda formulada. Condénase a parte recorrente a aboar a cantidade de 600 € en concepto de honorarios ao letrado impugnante no recurso de suplicación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confortlastic, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial