Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0909/2014-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificáselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-PO-0909/2014-PPM e oito máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Vigo, 10 de febreiro de 2015

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0909/2014-PPM.

Persoa interesada: Carlos Pereira González.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Retama, nº 5, Cangas.

Expediente: PSC-PO-0936/2014-PPM.

Persoa interesada: Jesús Padín Sampedro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Xunca Blanca, nº 29, (Vilalonga), Sanxenxo.

Expediente: PSC-PO-0941/2014-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Bande Sanmiguel.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Espiñeiro, nº 2, 5º C, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0942/2014-PPM.

Persoa interesada: Víctor Cores Prieto.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Braña, nº 33, baixo A, Vilanova de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0953/2014-PPM.

Persoa interesada: Óscar Méndez Pazos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Seara, nº 29, interior baixo, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0957/2014-PPM.

Persoa interesada: Santiago Rascado Ferreira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Tristán Montenegro, nº 9, Pontevedra.

Expediente: PSC-PO-962/2014-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Viñas Leiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ A Basella, nº 4, 4º C, Vilanova de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0976/2014-PPM.

Persoa interesada: Eusebio Fernández Rodríguez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ A Cal, nº 14, bloque 1, ptal. 1, A Guarda.

Expediente: PSC-PO-1069/2014-PPM.

Persoa interesada: David Muñoz Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Moaña, nº 22, 4º D, Vigo.