Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 2015 Páx. 8195

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dá publicidade á relación de másteres universitarios que non poderán formar parte da oferta de titulacións oficiais universitarias do Sistema universitario de Galicia para o curso 2015/16.

A Secretaría Xeral de Universidades é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para a ordenación, planificación e execución das competencias en materia de universidades e ensinanzas universitarias correspondentes a esta consellería.

Desde a publicación do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e as instrucións do 11 de xuño de 2012, 20 de setembro de 2013 e 23 de xullo de 2014, un dos criterios establecidos pola Secretaría Xeral de Universidades é a racionalización da oferta do mapa de titulacións do Sistema universitario de Galicia. Como continuidade deste proceso de racionalización, os vicerreitores e vicerreitoras responsables de titulacións das tres universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia e persoal da Secretaría Xeral de Universidades, reuniuse con data 29 de xaneiro de 2015 para analizar a situación actual da oferta de titulacións de másteres universitarios existentes no Sistema universitario de Galicia.

O secretario xeral de Universidades, en virtude das competencias e atribucións establecidas no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVE:

Primeiro

Publicar á relación de másteres universitarios que non poderán formar parte da oferta de titulacións oficiais nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2015/16:

Universidade da Coruña:

• Máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética.

• Máster universitario conxunto en Computación de Altas Prestacións, coa participación da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela.

• Máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.

• Máster universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural.

Universidade de Santiago de Compostela:

• Máster universitario en Biotecnoloxía.

• Máster universitario conxunto en Computación de Altas Prestacións, coa participación da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela.

• Máster universitario en Dereito das Administracións e Institucións Públicas.

• Máster universitario en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

Universidade de Vigo:

• Máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bio-Industrias.

• Máster universitario en Enxeñaría Química.

• Máster universitario conxunto en Enxeñaría Térmica, coa participación da Universidade de Vigo, a Universidade de Burgos e a Universidade do País Vasco.

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 107.1 y 114 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades