En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza para varios centros docentes non universitarios dependentes desta consellería.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21659
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 236, do 10 de decembro de 2014.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: oridinario e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 138.303,00 €, IVE (21 %): 29.043,63 €, importe total: 167.346,63 €.
Valor estimado: 138.303,00 euros.
5: Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución da adxudicación: 30 de xaneiro de 2015.
b) Adxudicataria: Limpiezas Ajardinamientos y Servizos Seralia, S.A.
c) Importe: 165.528,00 euros (IVE incluído).
d) Data de formalización do contrato: 31.1.2015.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015
Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar