Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PO-RES-2014-016.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Secretaría Xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: PO-RES-2014-016.

Interesado: Vicente Cuña Torrel (Tintorería Clean & Clean).

Acto notificado: resolución.