Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á autorización ambiental integrada que se relaciona a continuación, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Explotaciones Guntimil, S.L., para a ampliación dunha explotación avícola de produción de carne en Guntimil, concello de Xinzo de Limia, número de rexistro AAI 2013-IPPC-67-268.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental