Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 2015 Páx. 8152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada de titularidade do Instituto a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-83/500, conta 64).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Val Miñor, número 5, 1º H, do concello de Vigo (Pontevedra), para que, unha vez acreditados, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra,
teléfonos: 986 80 56 15/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2015

P.V. (Resolución 14.10.2014)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico