Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7829

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación (expediente 7690-446).

1. Entidade que adxudica: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Parques e Xardíns. c) Nº expediente: 7690-446.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración e instalación dos elementos de xogo infantís. b) CPV: 37535210-2. c) División por lotes e número de lotes: si. Lote I, Teixugueiras-Navia; lote II, praza Independencia; lote III, Pizarro. d) Lugar de entrega: parques infantís de Navia-Teixugueiras, praza de Independencia, rúa Pizarro e Becerreira. e) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 166.000 euros (IVE incluído). Dotación por lotes: lote I: 69.499,99 euros; lote II: 70.000,01 euros; lote III: 26.499,99 euros (todos eles, IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6 das follas de especificacións do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 16 de febreiro de 2015

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación