Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Ángeles Blanco Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 559/2014 (procedemento abreviado), interposto por María Ángeles Blanco Fernández contra a Resolución do 9 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais en diversas categorías de licenciados/as sanitarios/as (DOG núm. 198, do 16 de outubro). Categoría de odontólogo/a de atención primaria.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

P.S. (Artigo 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
María Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal