Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución correspondente á instalación dunha 2ª planta satélite de gas natural licuado para subministración á rede de distribución de gas natural na poboación de Ribeira (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2014/9-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con domicilio para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 28.1.2008 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Ribeira, que se publicou no Diario Oficial de Galicia (22.2.2008) e no Boletín Oficial da provincia (16.2.2008); e o 10.7.2009 resolveu aprobar o proxecto de execución das instalacións correspondentes.

O 10.7.2009 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural licuado (planta de GNL) para a subministración á rede de distribución de gas natural no termo municipal de Ribeira, e se aprobou o seu proxecto de execución. Esta primeira planta, que se instalou na parcela 1704 do polígono industrial Xaras, ten unha capacidade de almacenamento de GNL de 120 m3 (1 depósito).

Actualmente, na poboación de Ribeira existe un crecente aumento da demanda de gas natural, para usos domésticos, comerciais e industrias, o que fai necesaria a ampliación da capacidade de subministración de gas natural para poder cubrir esta crecente demanda.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente nunha segunda planta de GNL para subministración á rede de distribución de gas natural na poboación de Ribeira (A Coruña).

Descrición das instalacións:

A instalación proxectada consiste nunha planta de GNL que se situará dentro de seis parcelas (1754-1759) no polígono industrial Xaras (referencias catastrais: 15074A938017540000UF, 15074A938017550000UM, 15074A938017560000UO, 15074A938017570000UK, 15074A938017580000UR e 15074A938017590000UD), no termo municipal de Ribeira.

Estará composta polos seguintes compoñentes: sistema de almacenamento; sistema de gasificación, regulación e odorización; sistema de caldeiras para auga quente; sistema eléctrico e control; e edificios e obra civil. As características principais da instalación proxectada son as seguintes:

– Capacidade de almacenamento de GNL: 199 m3 (1 depósito horizontal de 199 m3).

– Presión máxima de servizo tanque almacenamento: 5 barg.

– Presión máxima de subministración a rede: 4 barg.

– Temperatura de subministración de GN: superior a 5 ºC.

– Capacidade de gasificación máxima: 2.436 Nm3/h.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Ribeira, na provincia da Coruña.

Orzamento: cincocentos corenta mil catrocentos vinte e cinco euros con sesenta céntimos (540.425,60 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas