Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7730

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, pola que se fan públicos os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2015, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

De conformidade coa base IV.3 se tiveran a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do Servizo de Persoal da consellería ou organismo do que dependa para acreditar tal condición.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

Anexo
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as

Promoción interna:

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

Romero Martínez, Mª Pilar

78798805T

59,28

62

78,50

76,50

Exenta

276,28

Acceso libre:

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

De la Herrán de Blas, Carla Elena

50737479P

62,85

66,67

57

83,50

Apta

270,02 

2

García Varela, Javier

47365770F

76,42

53,17

64,50

67,50

Exento

261,59