Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7610

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación dun servizo de transporte adaptado para persoas usuarias do servizo público de atención diurna de Santiago (Volta do Castro), Burela, Caldas de Reis e Lugo (As Gándaras) (lotes 1, 2, 3, 4).

El Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/15/SE/TR.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación dun servizo de transporte adaptado para persoas usuarias do servizo público de atención diúrna de Santiago (Volta do Castro), Burela, Caldas de Reis e Lugo (As Gándaras).

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total, IVE incluído:

– Lote 1: 75.850 €.

– Lote 2: 88.150 €.

– Lote 3: 35.875 €.

– Lote 4: 30.750 €.

– Total: 230.625 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si. (5 % do orzamento da adxudicación, excluído IVE, de cada lote).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 16 de marzo de 2015.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 24 de marzo de 2015, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de febreiro de 2015.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

P.D. (Comité Directivo do 9.12.2008, DOG do 31 de decembro)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar