Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican varios acordos de inicio de reintegro de axudas concedidas ao abeiro do Programa de fomento da contratación indefinida de mulleres, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009) (expediente TR347H 2009/10-3 e tres máis).

Intentada a notificación destes acordos, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica por seren devoltas polo servizo de Correos, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento destas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles o dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avda. da Habana, 79-7º andar en Ourense, e a obter, se é o caso, copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de xaneiro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR347H 2009/10-3.

Nome: Elite Gallega, S.L.

NIF/CIF: B32313173.

Último enderezo coñecido: rúa Eulogio Gómez Franqueira, nº 5-2º A, 32001 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa, nin o número de persoas traballadoras fixas, en cómputo anual, do seu cadro de persoal durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.5 e 16.6 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR347H 2009/76-3.

Nome: Mirador de Peñaredonda, S.L.

NIF/CIF: B32384091.

Último enderezo coñecido: rúa Carlos Velo, nº 4, baixo, 32005 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR347H 2009/84-3.

Nome: Servicios Inmediatos y Especiales de Transporte, S.L., denominada anteriormente Petroxinzo, S.L.

NIF/CIF: B32375529.

Último enderezo coñecido: rúa Remedios, nº 1, baixo, 32600 Verín, Ourense.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Preceptos infrinxidos: artigo 16 punto 5, 6 e 7 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR347H 2009/95-3.

Nome: José Antonio Vázquez Blanco.

NIF/CIF: 44660089T.

Último enderezo coñecido: rúa Alameda, nº 3, 32500 O Carballiño, Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.