Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01.

4. Fax: 982 29 49 74.

5. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 129/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Paseo do Malecón, s/n, 27400 Monforte de Lemos.

e) Prazo de execución: un ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si, un ano.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: oitenta e un mil oitocentos dezaoito euros con dezaoito céntimos (81.818,18 €).

IVE (21 %): dezasete mil cento oitenta e un euros con oitenta e dous céntimos (17.181,82 €).

Importe total: noventa e nove mil euros (99.000,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: no se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 27 de xaneiro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo