Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7211

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 13 de xullo),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2014

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

10.9.2014

32.482,76 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

10.9.2014

32.402,10 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

10.9.2014

31.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

30.9.2014

0 €