Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición pública do estudo de detalle da agregación das U.E.130611-130612 na rúa San Marcos, 4-6.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 11.2.2015, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 130611 e 130612 (rúa San Marcos, 4-6) do PEPRI, promovido por Mª Pilar Real Casanova, en representación de Promociones Plaza San Marcos, S.L.U.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e poderán presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 13 de febreiro de 2015

P.D. (Decreto 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente